Penete? Segundo o profesor don Benigno González o nome da casa débese a que está construída sobre unha grande pena ou peneda. Cando hai anos se arrancaba o esterco sempre acababa a picaña dando na pedra do chan nas cortes.

Tamén don Ángel González Lamas nos aporta os datos da Casa do Penete

1º XERACIÓN da Casa do Penete

ANDRÉS RODÍGUEZ. Casou con DomingaVázquez e tiveron a

2ª XERACIÓN da Casa do Penete

MANUEL RODÍGUEZ, que casou con Inés González, de Oseira. Tiveron a

3ª XERACIÓN da Casa do Penete

FRANCISCO A. RODRÍGUEZ en 1743, Domingo 1744, María 1746, Rosa 1749, Rosa 1750, María 1751, Domingo 1755 e María 1756. FRANCISCO casou con María. P., de Trasar e tiveron a

4ª XERACIÓN da Casa do Penete

FERNANDO RODRIGUEZ en 1763, Dominga 1759, Manuela 1766, Domingo 1769, Simón 1775 e Antón no 1776. FERNANDO casou con María Lobelle, de Santa Cruz, e tiveron a

5ª XERACIÓN da Casa do Penete

MANUEL RODRÍGUEZ,Vicenta 1797, Rafael 1800, Andrea 1801, Rafael 1802, Xosefa 1804 e Francisco 1808. MANUEL casou con Rita Osorio, da Carballeira, e tiveron a

6ª XERACIÓN da Casa do Penete

MANUELA RODRÍGUEZ en 1829, Xosefa 1818, María 1821, Tareixa 1822, Domingos 1825, Adrea 1832 e Xosé 36. MANUELA casou con Ramón García, de Viana, e tiveron a

7ª XERACIÓN da Casa do Penete

XOSÉ GARCÍA en 1861, Francisco 1853, Manuel 1855, Vicente, 1867 e María Xosefa no 1871. XOSÉ casou con Manuela López, de Vilardamos, -filla de Andrea Dominga que era da Casa de Baixo de Trasar- e tiveron a

8ª XERACIÓN da Casa do Penete

SEGUNDA GARCÍA en 1893, Gumersindo 1888 e Francisco en 1897. SEGUNDA casou con Ánxel González, da casa do Pelcho, de Vilaguillulfe e tiveron a

9ª XERACIÓN da Casa do Penete

FRANCISCO GONZÁLEZ en 1921, Cándido 1918 e Xabier no 1923. FRANCISO casou con Vicenta González, da casa de Baixo de Trasar (volven así xuntarse descendentes da 6ª xeración da Casa de Baixo xa que o Paco e a Vicenta son tataranetos de José González e Francisca González. Seica xa non tiveron que pedir dispensa da Igrexa para casaren. Lémbrese o de: 3º con 5º casamento limpo) e tiveron a

10ª XERACIÓN da Casa do Penete : Os Parentes

ASUMPTA GONZÁLEZ en 1953. A TITA casou con Afonso Ojeda.

A Mamá Carmen co Paco, a Vicenta, a Tita, o Daniel ...