DANIEL BEIRAS | DAVID ESTANY
OFICINA GALEGA DE PROXECTOS ARQUITECTONICOS S.L.P.
A Oficina
     

Traballos

 

Os arquitectos David Estany Garea e Daniel Beiras García-Sabell realizaron ao fronte da OgPA numerosos proxectos de restauro  de monumentos públicos como a Torre de Fonseca, a Igrexa de Salomé en Santiago; as igrexas de Santa María de Meiraos ou Santa Mariña de Folgoso no Courel; San Xoán de Golán en Melide, Santa María da Laxe en Vilasantar ou o Castelo de Santa Cruz en Oleiros.
Nestes anos son frecuentes tamén as intervencións sobre o patrimonio histórico como o museo da Colexiata de Sar ou montaxes expositivas no Pazo de Xelmírez e no Pazo  de Fonseca as tres en Santiago. Realizan obras de rehabilitación de edificios de vivendas en cascos históricos (Santiago, A Coruña e Vigo)  e rehabilitación de casas rurais por todo o territorio galego, incluíndo a actuación integral da aldea da Cubela en Ribas de Sil.
Destacan tamén neste eido as diversas casas de turismo rural do Courel e da Mariña luguesa, ou as obras de comercio rural galego en Arzúa, Toques, Friol ou Carnota. En paralelo proxectan unha serie de obras de nova planta como o Albergue da Alvarella, o Auditorio de Teis en Vigo, e numerosas vivendas de nova planta con solucións ecolóxicas ou bioclimáticas, potenciando a sustentabilidade das súas construccións e o emprego de solucións bioclimáticas.
Na actualidade está a desenvolver importantes proxectos dentro e fora de Galicia. Cun salto de escala cuantitativo e cualitativo na traxectoria da empresa, que lle permite desenvolver traballos de grande escala e dunha enorme especialización, coma unha escolas específicas para afectados de parálise cerebral, residencias de maiores, edificios sanitarios e deportivos, ou complexos hoteleiros con actividades de hidroterapia ou circuítos de spa.

 
 
DANIEL BEIRAS | DAVID ESTANY
 
DirectoryDirectorioDirectoryDirectoryDirectorio