DANIEL BEIRAS | DAVID ESTANY
OFICINA GALEGA DE PROXECTOS ARQUITECTONICOS S.L.P.
A Oficina
     

Sociedade Profesional

 

A Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos S.L.P. é unha sociedade profesional adicada plenamente á arquitectura. Ten o seu local na Coruña e conta con persoal permanente e colaboradores, con ampla experiencia en formación e xestión de equipos multidisciplinares para poder afrontar proxectos específicos e de diferentes escalas.
A Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos S.L.P. (OgPA) é unha empresa punteira de arquitectura fondamente comprometida coa ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel do noso territorio.
O pasado 1 de outubro de 2007 foi recoñecida polo GOAG-Delegación de Ferrol coa mención do Día Mundial da Arquitectura ao edificio Albergue ecoturístico da Alvarella en Vilarmaior. Este edificio, proxectado e construído no ano 1999, xa daquela incorporaba todo un catálogo de solucións bioclimáticas con fábricas de termoarxila, fachadas de táboa de madeira, pavimentos de linóleo, recebos de cal e pinturas ao silicato; solucións de aproveitamento enerxético con calefacción por solo radiante, separación de augas grises; e incorporación enerxías renovábeis contando con paneis solares de produción de auga quente, paneis fotovoltaicos e un pequeno aeroxenerador para servir ao alumeado da parcela.
Por iso cando nos enfrontamos ao reto do proxecto arquitectónico asumímolo coma un dobre reto de cumprir co programa de necidades que se nos require  e proxectar edificios que ademais de satisfacer as necesidades propias do seu uso satisfagan as necesidades de preservación do noso hábitat natural deseñando non só solucións arquitectónicas que tendan a un menor consumo enerxético, senón tamén incorporando materiais construtivos que no seu proceso de fabricación e posta en obra tendan ao menor consumo enerxético e á menor degradación do medio.

DANIEL BEIRAS | DAVID ESTANY
 
DirectoryDirectorioDirectoryDirectoryDirectorio