DANIEL BEIRAS | DAVID ESTANY
OFICINA GALEGA DE PROXECTOS ARQUITECTONICOS S.L.P.
Publicado
     

Libros

 

Espazos Temperáns

"Espazos Temperáns" 1997/2009, da a coñecer unha parte dos traballos realizados pola Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos despois dos primeiros doce anos de actividade. Nel póñense en relación mutua proxectos que responden a momentos e necesidades diversas, o feito de agrupalos nunha publicación, de poder velos en conxunto, evidencia un xeito de afrontar a profesión. Unha maneira de entender a complexa tarefa de proxectar espazos; espazos que estan arraigados, que pertencen ao seu entorno, e ás persoas que o conforman que non son, nin deben ser entes abstractos. Os vencellos co lugar concreto, coa herdanza histórica, co patrimonio artístico e cultural deben ser tratados con sumo coidado nos procesos de construcción dos entornos humans, porque eso é o que somos, como sociedade, e como individuos. Esa cultura colectiva esta en permanente cambio, en continua evolución, e velaí a nosa responsabilidade como parte do proceso. A construcción dunha identidade, dun "sermos alguen ou algo". Queremos contribuir a esa evolución, cunha postura responsable, respectando o noso pasado, proxectando un futuro que nos poña en relación coa diversidade, ou coa adicción de diversidades que conforma esa universalidade que non é,e que non debe ser a negación do propio.

Descargar "Espazos Temperáns".

   
Euroeume, unha proposta de actuación no patrimonio

Publicación na que se recollen unha serie de actuacións na area das fragas do Eume, entre as que se atopa o albergue ecoturistico Alvarella realizado pola Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos.
Euroeume, unha proposta de actuación no patrimonio
   
   
   

 

 

DANIEL BEIRAS | DAVID ESTANY
 
DirectoryDirectorioDirectoryDirectoryDirectorio