principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 
  Esta foi a primeira lúa da lúa gris.
Encontreina navegando por aí cando estaba empezando a montar o sitio, nunha páxina que despois desapareceu, e nunca souben quen era o autor.
     
  Esta lúa, "Serenata de la luna" (Madrid, 1990) é unha fotografía de Julio Álvarez Yagüe. Atopeina no sitio Hispanart, que ten unha revista moi recomendábel dedicada á fotografía.
Para ver máis obras deste autor, preme aquí
     
  Esta lúa foi a lúa gris durante os últimos meses de 2001. Un ano espacial antes de chegar, gracias a Kubrik. É unha pintura de Isabelle Mousson titulada "Lever de lune". Para ver máis obras desta autora, fai clic aquí.
     
  Esta imaxe da lúa (a primeira lúa real da lúa gris) é unha foto tomada pola Apollo 17 en 1972.
     
 

Esta lúa durou moito. Só desapareceu co cambio completo do deseño do sitio que se publicou a finais de 2003.
É un traballo de Robert Delaunay titulado "Lúa Nº 3", que pertence
á serie "Formas circulares".

 

     
  Esta foi a primeira lúa da nova etapa da lúa gris.
É unha obra de j. si-ming lee titulada "lúa" ("moon").
Pódese ver
máis traballos da autora facendo clic aquí
     
  Este é un traballo de sung-eu choi titulado "lúa". Atopeino en internet. A páxina de onde saíu é esta.
 
     
  [arriba]