só
paxaros saíron desta boca
a coruña (galiza), deputación provincial, 1998
accésit do premio de poesía miguel gonzález
garcés, 1997 |
|
 |
| |
|
| |
tenés
razón
la vida es una herida absurda
|
| |
cátulo
castillo |
oratorio
I
só
unha palabra
derradeira
que
conteña o perdido
o brando e fráxil
que
garde febres
ou invernos
e me
afogue se levanto a cabeza
unha
palabra túa
abonda para me salvar

homenaxes
de pé
baixo da pont-neuf
vin a jacques de molay
o último dos templarios
morrer no lume
fronte
a un bar de odéon
vin pasar o cortexo fúnebre
de oscar wilde
eran
cinco mendigos e un can
nese
momento saía
borges do brazo da kodama
ían
seguramente almorzar
nun bar alí á volta
dende
unha mesa de café
fronte á pont-au-change vin
como saltaba sara bernhardt ó sena
corrín
e xa a auga
arrastraba o seu plácido rostro
a súa cabeza que se afundía
pouco a pouco na morte
finalmente
nun café de montparnasse
tomei viño con raúl
gonzález tuñón o poeta
leu
algo que acababa de escribir
non
lembro
mais seguramente habería
unha puta ou un mariñeiro borracho
despois
saímos xuntos
e fomos visitar a tumba
de sartre e simone de beauvoir
eles
tamén están mortos
que en paz descansen

sar
abrirei
a porta amor
o sábado coa alba
e paxaros farrapentos
inundarán a casa de mel e plumas
sentado
na poltrona
sorrirei ante a algazarra
e ó mediodía
cando chegue da cociña o cheiro
tépedo das cazolas no lume
verei marchar a bandada
atravesar
o val cara ás torres
prometo
varrer as plumas
antes de comer
pechar outra vez a porta

funeral
dúas
gaivotas negras
aniñan no meu peito
nos
meus oídos
o ruído do mar confúndese
cos seus gritos e os guindastres
e os barcos
e as pas abrindo a fosa

unha
fotografía do mundo
dous carballos
queimados
as
pólas gardan
dentro un recendo doce
unha
flor
a través do cristal
os
pétalos por onde esvaran
os restos da última chuvia
no
bosque
dous carballos secos
unha
fotografía do mundo
como xa ninguén lembra

só
paxaros
nunca
escribín cartas de amor
só paxaros saíron desta boca
nunca
tiven soños
nin cortei rosas
non
teño pecado
nin pedras

reminiscencias
de melville
nunha ponte
de amsterdam
un mariñeiro co ollar gris
as mans nos petos
miran no horizonte barcos invisibles
hai
anos unha muller
retívoo en terra unha noite
hai
anos
de pé nesa ponte
perdeu os camiños as marés
agora
as mans nos petos
mira no horizonte
barcos invisibles
mentres
a súa boca murmura
frases pastosas alcohol o alento
dunha puta en warmoestraat
hai anos

ingenieros
en cada
cidade hai un bar
onde eu choro o meu pasado
e os homes beben xenebra
aquí
non
aquí
durmo
todas as noites
co recendo frío das miñas cinzas

autorretrato
agora
hai tempo para ollarmos
todo o tempo
as enrugas das nosas mans

canción
de berce
| |
yo
no soy un bailarín
|
| |
m.
e. walsh |
algunha
vez vouche contar
que lembro
hai anos
tiñas
os mesmos xestos
o mesmo
sorriso
que
sentabamos a carón da fiestra
e ti quedabas alí
quietiña
e mirándoo todo
dicindo
cousas que só eu entendía
algunha
vez
imos sentar nunha praza
e rirmos da chuvia

beiramar
nalgún
destes peiraos
espero o barco que me afunde na noite
que
me leve deste porto
onde habita a memoria

a
cidade dos amantes
facer un
fillo
moldear
cos dedos húmidos a suor
o iris
facer
parís con po e saliva
o sena
murmurando
baixo a pont des invalides

bonaval
un neno
xoga ó sol
sobre as pedras
dunha tumba abandonada

fe
de erratas
entrei
nos teus brazos
como se afunde na noite
unha loia sen ás

via
pisana
nun recanto
de florencia
comín pan con queixo e bebín
unha botella de viño
alí
segundo falan
morreu hai tempo un odontólogo
non
lembro o nome
pero quitaba moas sen anestesia
a obscenas mulleres renacentistas
alí
comín pan con queixo
e bebín unha botella de viño
non
estaba só
alí
poderíase dicir
bebemos unha botella de viño
e comemos pan con queixo
alí
lembramos outros lugares
outros soños
falamos
das estrelas e posamos
coas mans levantadas
para dez ou quince
turistas xaponeses con cámara de vídeo

insomnio
aquí
caben horas
soños e voces
unha
árbore
por exemplo
unha flor partida

muller
con xasmíns
una mano
sagrada se detuvo, segura
sobre tu frente
miguel d'ors
soña
con xasmíns
e acorda pouco a pouco
ten
ollos grandes
xestos antigos
unha
muller
un fillo sen nome
un colchón coas sabas limpas

oratorio
II
teño
os ollos fixos
na imaxe dun deus
pero
non podo rezar
non
teño bágoas

saint-denis
de noite
nesta rúa ocorren
todos os milagres de paris
un
árabe atopa unha moeda de ouro
de hai tres séculos
un
home vello cunha garrafa
de viño en cada man
vira en bolboreta
e desaparece entre os fíos da luz
un
turista americano
saca fotos a unha puta
e despois van xuntos
percorrer mundo
nun barco branco e azul
na
rue saint-denis
pensei que era primavera
e agromou unha flor do empedrado
corteina
e marchei
asubiando e comendo
un a un os pétalos

muller
con piano
anoitece
e no salón
a música maquilla os xestos tépedos
os
ollos foxen
unha
voz percorre os recantos
fóra
entre as flores
o meu corpo dorme
húmido
e chora

ritual
a través
da quintana
nun serán do outono
unha anciá na procura dos seus mortos

diálogos
marítimos
dixemos
frases breves en murmurio
e cantaches
como cantan
as mulleres solitarias
nos bares de madrid
ou
de vigo
tanto ten

portuario
adiviñas
é certo
a verde estiaxe dos regueiros
chegas
puntualmente á cita
cada
espertar
cada outono
explicas
o retrato dos meus anos

fragmentos
da distancia
pasei
laveime
na fonte do esquecemento
quedei
cego

diatriba
postal
o vento
non canta
non
nas follas
o vento
non trae noticias
nin flores daquela terra

entrerrúas
de toda
a cidade só lembro
unha rúa
estreita e sen árbores
un
bar onde te vin
a primeira vez
entre mans amarelas de tabaco
e o vapor das cazolas
tiñas
un cáliz no altar
un
elixido para o sacrificio

unha
foto cos bordos gastados
onte vin
a danielle en londres
en branco e negro
vin
tamén a brétema
de madrugada
sobre o támesis
así
é sempre londres
e a muller que un ama

construcción
da memoria
| |
para
lorenzo marineda
in memoriam |
un
poema para o teu nome
aberto coma río coma seda
un
poema para a cidade
que ata as miñas voces de
neno que non teño
unha
praza deserta
o edificio
que eu vin construír
dicíame
vin
o tren levar
as pedras ata aló
hai
máis de oitenta anos

visión
do anxo
alzo o
voo sobre os edificios
a cidade
semella praga
polo anciá
pero os meus ollos non ven
pouso
nunha cornixa
dentro
destas paredes non hai nada

ruínas
| |
ya
no seré feliz, tal vez no importa
|
| |
j.
l. borges |
xa
non me importan os homes
non
quero comida ou abrigo
sento
en calquera recanto
e procuro no peto
unha moeda
un
billete de oito
centavos e medio
xa
non hai tempo
lembranzas
xa
non me importa a chuvia

xénese
hoxe non
hai lugar
entre as miñas costelas
hoxe
non farei muller
nin pans
nin peixes

café
de oriente
no café
de oriente
xunto ó frío
choro o teu nome nos espellos
procuro
o teu rostro moitas veces
nas mesas veciñas
pero non viñeches
no
café de oriente
tomo unhas cervexas
creo
e debúxote
nos vidros embazados
o teu
xesto é familiar aquí
aquí
cada cousa
semella os meus recordos

estação
derradeira
nesta
cadeira vella e rota
agardo a mañá
en que batas na porta
e digas que é tarde para eu quedar alí
sentado
quieto
|