lúa
gris
vigo (galiza), edicións xerais, 1999
finalista do premio tivoli europa de poesía, 1999 |
|
 |
(selección)
I
(palermo)
| |
Não
desejais, minha irmã, que nos entretanhamos
contando o que fomos? É belo e é sempre falso...
(...)
Falar no passado -isso deve ser belo,
porque é inútil e faz tanta pena...
|
| |
fernando
pessoa |
| |
|
| |
donde
hubo patio quedan escombros |
| |
jaime
roos |
o noso
patio tiña fentos
pardais
tamén canarios
tiña
moitas portas
que escondían dentro o meu
medo de neno
as
do fondo
se cadra nunca cheguei a velas
alí
onde as paredes
caían xa de tanto balor tanto verde
o noso
patio tiña unha escaleira
para ir á terraza con gatos
tiña
tamén un can
e unha avoa
ata que os anos fórona gastando
e ela mudouse á cociña
máis tarde ás habitacións
un
día perdinlle os pasos
seguramente
foi a algún sitio
lonxe de máis para os meus pés
pero
aínda moitas portas
quedaban sen abrir
tantas
celosías
pechos
con ferruxe

mira
dicíalle
eu
na miña lingua políglota
de ano e medio
mira
a lúa
e pasaba
un tren

II
(coghlan)
| |
eras
como el paisaje
de la melancolía
que llovía, llovía |
| |
cátulo
castillo |
o bater
minucioso do río no farallón
é un reloxo da cidade gris perla
na
mesma imaxe
hai un pescador quieto
ritual

o teu
corpo
hábito sagrado

III
(distancias)
| |
?Regresara
el latigo de la calma? |
| |
harry
almela |
se
tiveses na man
margaridas e non papeis
e palabras e cansazos
se
da túa lingua
esquecida medrasen
nogueiras con noces cheas de mel
se
nacesen no ferro
da cociña outonos
rousinois no beirado
se
acubillasemos
entre nós entre os nosos
corpos azuis
non dous
senón seis ou trece gatos

o meu
corpo
é pequeno títere sen dono
durmido
baixo
a chuvia lila do xacarandá
ben
visto
nin con bendicións
nin con cariño ou maledicencias
resucitará a miña alma
fáltame
un ollo
de vidro e varios fíos
se é que non os levou a maré
esmorecen cubertos de lique

IV
(soidade)
| |
fala-me
de amor
songes et mensonges |
| |
chico
buarque |
camiño
de noite
bordeando o xardín botánico
e conto gatos
un
que a nai era persa
pero o pai non
un
gato negro que dá mala sorte
pero non se decata
un
do antigo reino
de siam ou de calquer outro
un
gato tipo gato
con raias de tigre pero gato
e un
gris que me mira
gris
como esta lúa

empresa
difícil
dar coas indias
atopar
a túa boca
no mar océano
|