páxina persoal de eduardo estévez
  principal
  datos persoais
  publicacións
  ligazóns
  contacto
  luagris.net
     
 
     
    poemario en construción
     
poema   nun tren
versión   1
ligazóns asociadas na bitácora  
                                   
outras versións    
 

m instalárase
nun vagón baldeiro

na seguinte estación as dúas
rapazas escolleran
os asentos defronte do
del

eran fermosas cada unha
ao seu xeito

a da esquerda moi delgada
ía en silencio

a outra
máis rechea falaba
ininterrumpidamente
nalgunha lingua oriental

o tren retomou a marcha e m
achegouse a unha delas
a da dereita
rozoulle
o xeonllo para chamar a súa
atención

i don't speak english
dixo ela nun inglés
precario

non importa
respondeulle m cun xesto
mentres a convidaba a sentar
nas súas pernas

a rapaza fíxoo sen
dubidalo

levaba
igual cá outra
unha falda lixeira e unha
camiseta de tirantes

a única vestimenta imaxinábel
naquela calor espesa de agosto

m bicou á rapaza mentres
percorría cos dedos os seus
muslos

a outra ollaba
en silencio

m avanzou coa man por debaixo
da saia ata chegar ao sexo
húmido

o del erguíase dentro
do pantalón
mentres facía que a rapaza
xirase ata poñerse de costas
a el e abríalle
as pernas diante
da outra

nese momento entrou
polo extremo do vagón o
revisor

m colleu o seu billete

a rapaza da dereita deixou
a un lado o libro que lía

espertou á outra

 
     
   [regresar ao índice do libro] | [deixar un comentario]  
  [regresar á páxina principal do sitio] | [regresar ao índice de publicacións] | [arriba]  
     
 
licenza creative commons

esta obra está publicada baixo unha licenza de creative commons.