| |
|
|
| |
|
poemario
en construción |
| |
|
|
| poema |
|
liña
41 |
| versión |
|
2 |
| ligazóns
asociadas na bitácora |
|
|
| outras
versións |
|
1
| 3 |
|
|
liña
41
sentou
ao seu carón
víraa
cando subiu no autobús e decidiuno porque
o asento ao seu carón estaba libre
e ela era nova e parecía
bonita detrás do cabelo que agochaba
parte do seu rostro
pero
non considerou que o sitio
era o menos indicado para poder mirala
requiría
xirarse nun xesto
impúdico
ademais
ela mantiña a cabeza levemente inclinada
sobre un libro que lía e o pelo
caíalle polo lado da cara xusto do lado
del
así
que durante os vinte
ou trinta minutos da viaxe
debeu conformarse con mirar
os seus dedos as unllas bastante curtas
con esmalte transparente
sostiña
un lapis co que ía facendo
algunhas anotacións nas marxes das páxinas
tiña
unha letra áxil e miúda
a súa miopía impedíalle distinguir o texto
durante
vinte
ou trinta minutos miroulle as mans
os dedos finos
e iso púxoo
nalgún sentido moderadamente feliz
nalgún
sentido
triste
de
súpeto ela
levanta a vista
deixando ao descuberto o rostro e el
vólvese para mirala
despreocupado da interpretación
que ela poida facer
do xesto
tiña
a mirada limpa e un lunar
xusto debaixo do ollo esquerdo
pero
o autobús
aproximábase xa ao seu destino
o del e levantouse
dirixiu
os seus pasos cara á porta
e premeu o timbre para indicar
ao condutor a súa intención de baixar
na seguinte parada
|