| |
|
|
| |
|
poemario
en construción |
| |
|
|
| poema |
|
a
radio |
| versión |
|
1 |
| ligazóns
asociadas na bitácora |
|
|
| outras
versións |
|
|
|
|
ela contara a súa historia
na radio
podía lembrar
o recendo do sofá no exacto
instante
en que a escoitaba
a luz a escintilar
nos vellos adornos da vitrina
agora agardábaa
ela contara a súa
historia na radio
e el pensou que acaso
aquela voz
contaba unha historia
de soidade
"a min perdéuseme a vida"
dixera
e el ollaba
absorto as partículas
de pó a pairar
no cono de luz
da lámpada
tomáralle pouco máis de
un par de días decidirse
"ola m queríache contar que
sabes?
antonte aquela señora que chamou"
propuxéralle el
na radio
un encontro
sábado
ás sete da tarde
nos bancos da estación de tren
e agardaba
|