páxina persoal de eduardo estévez
  principal
  datos persoais
  publicacións
  ligazóns
  contacto
  luagris.net
     
 

A continuación, unha especie de currículum formal. Se prefires ler unha parrafada máis narrativa fai clic aquí.

Eduardo Estévez (Buenos Aires, Arxentina, 1969)

Títulos publicados:

-   Catedrales de perfil
(Buenos Aires, RundiNuskín editor, 1990) - versión completa aquí
-   Ya tan deshabitado
(Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1994) - versión completa aquí
-   só paxaros saíron desta boca
Accésit do premio de poesía Miguel González Garcés 1997
(A Coruña, Deputación da Coruña, 1998) - versión completa aquí
-   lúa gris
Finalista do premio Tivoli Europa 1999
(Vigo, Edicións Xerais, 1999) - selección de textos aquí
-   os veos da paisaxe
(Compostela, Retagarda Edicións, 2000) - versión completa aquí e aquí
-   caderno apócrifo da pequena defunta
XV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
(Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2003) - selección de textos aquí
-   derrotas
VI Premio de Poesía Concello de Carral, 2002
(A Coruña, Espiral Maior, 2004) - selección de textos aquí
-   Postais
texto escrito en colaboración con Caro Erlich
(edición web, 2005)
-   mapas para describir a ausencia
(edición web, 2005)
-   itinerarios
antoloxía coral de textos de eduardo estévez realizada por estevo creus, marta dacosta, eduardo estévez, celso fernández sanmartín, maría lado, maría do cebreiro, antía otero, baldo ramos e rafa villar
(Santiago de Compostela, El Correo Gallego-Concello de Santiago-Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2005)
-   en construción
libro en preparación. proceso publicado na web, 2006

Foi membro do consello editorial de Letras de Cal e Retagarda Edicións.

Traductor ao castelán dos poetas brasileiros Cecília Meireles, Affonso Romano de Sant'Anna e Chico Buarque, do portugués Nuno Júdice e dos galegos Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras, Xela Arias e Manuel Forcadela. Estas traduccións publicáronse con formato de libro nas seguintes edicións:
Cecília Meireles, El estudiante empírico, Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1992.
Chico Buarque, Construcción, Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1993.
Affonso Romano de Sant'Anna, Epitafio para el siglo XX, Caracas, Fundarte, 1994.
Nuno Júdice, Antología poética, Caracas, Angria Ediciones, 1996.
AAVV, Finisterræ, Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1994.

Algúns seus poemas soltos apareceron na revista Dorna da Universidade de Santiago de Compostela, e en A Revista de Vilagarcía de Arousa. Tamén foron incluídos textos seus na antoloxía dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 e mais noutras publicacións colectivas.

É autor da Antología breve de Alejandra Pizarnik, publicada en Caracas por Pequeña Venecia en 1993.

Algúns artigos seus e reseñas de libros apareceron en diversos medios venezolanos (Imagen Latinoamericana, Picas&Puntos, El Nacional, ...) e galegos (O Correo Galego, Faro de Vigo, A Nosa Terra, ...)

Coordina obradoiros literarios. Na actualidade, un na biblioteca municipal de Fene e outro na das Pontes de García Rodríguez.

Actualmente é programador e nos poucos ratos libres desempéñase como constructor e soporte técnico dalgúns sitios web.