![]()

SE ES MOZO/A, TES UNHA IDEA DE NEGOCIO E CARECES DE AVAIS E DE ORZAMENTO PROPIO PARA POÑER EN MARCHA A TÚA EMPRESA INFÓRMATE SOBRE O NOSO PROGRAMA. PODE PERMITIRCHE ACCEDER A UN CRÉDITO FINANCEIRO OUTORGADO POR LA CAIXA SEN AVAIS E EN CONDICIÓNS MOI FAVORABLES E CONTAR CO ASESORAMENTO TÉCNICO PARA A TÚA ACTIVIDADE EMPRESARIAL QUE CHE PRESTARAN ENTIDADES SOCIAIS INTERMEDIADORAS AO AMPARO DO CONVENIO SUBSCRITO CÓ INJUVE.
INFORMACIÓN PARA MOZOS EMPRENDEDORES MENORES DE 35 AÑOS
|
QUEN PODE SOLICITAR E SER BENEFICIARIOS DO PROGRAMA?
Os e as mozas con espírito emprendedor e con dificultades de acceso ás liñas tradicionais de financiación, que precisen asesoramento técnico empresarial para constituír e consolidar o seu negocio e que cumpran os seguintes requisitos:
Ø Que sexan menores de trinta e cinco años. Ø Que residan legalmente en España e conten co correspondente permiso de traballo para realizar actividades por conta propia, en calquera das súas tipoloxías ou se atopen en disposición de obtelo. Ø Que inicien a súa actividade ou a iniciaran nun período inferior a un ano. Ø Que presenten un plan de empresa. Ø Que máis do 50% do capital social da empresa corresponda a mozos.
|
CARACTERÍSTICAS FINANCEIRAS DO PRODUTO DE LA CAIXA.
Os préstamos son sen avais e teñen as seguintes características:
Ø O porcentaxe máximo do financiamento será do 95% do custe total do proyecto, tendendo cada préstamo, de ser aprobada la operación por Os servizos correspondentes de LA OBRA SOCIAL DE LA CAIXA, unha cantidade máxima de 15.000 euros (quince mil euros). Ø O prazo de amortización será de 5 anos, más 6 meses de carencia optativo. Ø O tipo de interese será do 5% e manterase fixo durante toda a vida da operación. Ø A comisión de apertura será do 0’50%. Ø A comisión de estudo será do 0’25%. Ø A comisión de amortización anticipada será do 0%. |
A solicitude farase a través de unha entidade mediadora como a nosa, proporcionarémoste a información e asesoría necesaria, axudarémoste a facer O Plan de Empresa e tramitaremos a túa solicitude. unha vez concedido o Microcrédito, seguirás contando co noso apoio e asesoramento durante os dous primeiros anos de vida do teu proxecto.
Pide información ao CDR O Viso nos teléfonos: 988 46 15 71 e 988 46 20 04.
E-mail: info[arroba]cdroviso.org ou cixdalimia[arroba]cdroviso.org