CDR O VISO

                                                                                            Pobo escolar

 

Para o albergue e as actividades, clica sobre "Pobo escolar". Para o comedor social e a vivenda comunitaria, clica "A tua outra casa". Para o comercio xusto e o voceiro, clica CIX DA LIMIA.

Pobo escola A túa otra casa CIX da Limia Actualidade Foi noticias En imaxes Portada

SUMARIO:

8. Novas do Servizo de Voluntariado Europeo do CDR O Viso

7. Curso de monitores de tempo libre en Lodoselo

6. O CDR O Viso xestionará un programa de MICROCRÉDITOS para a mocidade.

5. Non podes deixar que un maior enfermo se deixe abandonar

4. As voluntarias europeas en Lodoselo

3. Obradoiro de danzas do mundo

2. Novas voluntarias europeas no CDR O Viso

1. Programación 2007 da Escola de Tempo Libre LIMICORUM


8. Novas do Servizo de Voluntariado Europeo do CDR O Viso

Este verán 2007 recibimos dúas voluntarias novas e despedimos a outras dúas.

    Neste verán 2007 temos que despedir as dúas voluntarias europeas que nos levan acompañando dende principios de ano, son  Nora e Marie. Estas mozas de Hungría e Francia respectivamente, desenvolveron as súas actividades principalmente nas instalacións que o CDR O Viso ten en Lodoselo. Repartiron o seu tempo botando unha man no comedor comunitario, na vivenda tutelada, nas actividades do Pobo Escola e en outras actividades do CDR O Viso. 

    Por outra banda o día 15 de xullo chegou, dende a República Eslovaca, Katharina Goliasova e o día 14 de setembro o fará Larissa Marras, dende Alemaña. As dúas incorporaranse as actividades que se desenvolven dende o CDR O Viso e a vida xeral da Limia, dende aquí dámoslle a benvida.

    Lembrámosvos que o Servizo de Voluntariado Europeo é unha actividade do programa Xuventude en Acción da Unión Europea. Este programa permite a mozas e mozos, de entre 18 e 30 anos, realizar un programa de voluntariado en calquera país da Unión Europea e tamén nalgúns outros países asociados ao programa. Se estás interesado neste programa, ponte en contacto con nos a través do teléfono co CIX da Limia: 988461571.                                                                                                                                                                                                                 

SUMARIO


 

7. Curso de monitores de tempo libre en Lodoselo

    O pasado día 16 de agosto rematou en Lodoselo o Curso de Monitores de Tempo Libre organizado pola Escola de Tempo Libre Limicorum, do CDR O Viso.  Os 25 asistentes procedían na súa maioría da comarca da Limia pero tamén había de toda Galicia e uns participantes de Alacante e Murcia.

    Durante este curso os mozas e mozos adquiriron os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para exercer de monitores de tempo libre. Durante as 200 horas que durou esta parte teórica do curso, tocáronse temas como a psicosocioloxía, organización e dinámica de grupos, socioloxía, metodoloxía educativa, técnicas de de animación, conceptos de educación ambiental e natureza, técnicas de campismo e excursionismo, educación para a saúde, socorrismo e primeiros auxilios e sexualidade.

    Agora aos alumnos só lles resta a realización das prácticas en campamentos ou actividades de tempo libre durante 150 horas.

SUMARIO


6. O CDR O Viso xestionará un programa de MICROCRÉDITOS para a mocidade

Se tes menos de 35 anos e tes pensado crearte o teu propio emprego esta noticia interésache. 

    COCEDER,  Coordinadora de Centros de Desenvolvemento Rural na cal está incluído o CDR O Viso, ven de subscribir un convenio co INJUVE e a Obra Social de La Caixa para conceder Microcréditos a mozos e mozas emprendedoras. 

    Estes créditos están dirixidos a menores de 35 anos que queiran iniciar un negocio ou o iniciaran hai menos de un ano, presenten un plan de empresa e carezan de avais para poder acceder as liñas tradicionais de financiamento. As condicións dos créditos son moi boas cun tipo de interese do 5% que se manterá fixo durante toda a vida da operación e unha comisión do 0% no caso de amortización anticipada.   O prazo de amortización é de 5 anos e o importe máximo do microcrédito é de 15.000 € (ou o 95% do custe do proxecto).

    Se estás interesado en recibir máis información pásate pola oficina do CIX da Limia ou chama aos números 988 46 15 71 / 988 46 20 04. Tamén podes enviar un correo electrónico interesándote aos enderezos: lodoselo[arroba]cdroviso.org ou info[arroba]cdroviso.org.

    PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHA AQUÍ!

SUMARIO


5. Non podes deixar que un maior enfermo se deixe abandonar

ARRIBA


4. As voluntarias europeas en Lodoselo

ARRIBA


3. OBRADOIRO DE DANZAS DO MUNDO

A escola de educador@s no tempo libre "Limicorum" do C.D.R. "O Viso" realizou un Obradoiro o fin de semana do 24 e 25 de marzo no albergue do Pobo escola en Lodoselo.

O obradoiro "Danzas do Mundo" pretendeu devolvernos o sentido de estarmos conectados ó noso corpo e a capacidade de dirixir os movementos e tarefas que forman parte da nosa identidade, ser unha fonte xenerosa de deleite e un achegamento á interculturalidade rítmica.

Estivo dirixido máis especificamente a educadoras/es, monitoras/es nos tempos libres, animadoras/es socioculturais… pero tamén ao público en xeral interesado en coñecer cómo as diferentes culturas souberon aproveitar e conectar as calidades do noso corpo, tanto pola súa graza coma polas habilidades que envolven.

Participou un grupo de 20 persoas que se apuntaron no CIX da Limia, por teléfono no 988461571 ou na web do CDR O Viso (www.cdroviso.org); o custe da actividade foi de 12 € (o prezo incluíu o xantar do sábado no albergue do Pobo escola).

                            

SUMARIO


2. Novas voluntarias europeas no CDR O Viso

    O pasado día 15 de febreiro e o 2 de marzo chegaron Nora e Marie, respectivamente. Estas novas voluntarias veñen dende Hungría (Nora) e dende Francia (Marie). Nora e Marie traballarán de xeito voluntario nas actividades do CDR O Viso grazas ao Servizo de Voluntariado Europeo do programa Xuventude en Acción da Unión Europea. Este programa permite a mozas e mozos, de entre 18 e 30 anos, realizar un programa de voluntariado en calquera país da Unión Europea e tamén nalgúns outros países asociados ao programa.

    Dende esta páxina e en nome do CDR O Viso e de toda a comarca da Limia queremos dar a benvida a estas dúas mozas, desexándolles tamén unha agradable e produtiva estancia.

                                                                                                                                                                                                                  

SUMARIO


1. A Escola de Tempo Libre LIMICORUM presenta a súa programación 2007

    Como ven sendo habitual a Escola de Tempo Libre LIMICORUM ofrece a toda a xente da comarca da Limia a posibilidade de acceder a cursos de Tempo Libre para mellorar a súa formación ou simplemente para pasar un bo rato.

De seguido van os principais cursos e obradoiros que se desenvolverán no albergue de Lodoselo (Sarreaus):

1. Obradoiro de danzas do mundo. Datas: 24 e 25 de marzo.
2. Obradoiro de mediador@s en sexualidade e afectividade xuvenil. Datas: 26 -27 de maio
3. Obradoiro de xogos populares e tradicionais. Datas: 23 de xuño.

4. Educación ambiental para o tempo libre. Datas: 21 e 22 de xullo

5. Curso de monitores/as de tempo libre. Datas: do 28 de xullo ó 16 de agosto de 2007
6. Obradoiro de desenvolvemento psicomotor: control do corpo e posibilidades de acción e expresión. Datas: 7, 8 e 9 de setembro
7. Iniciación á maxia. Datas: 28, 29 e 30 de setembro
8
. Obradoiro de iniciación ao teatro: movemento, creatividade, comunicación e xogo. Datas: 26, 27 e 28 de outubro
MÁIS INFORMACIÓN
AQUÍ

INFORMACIÓN E RESERVAS:
Praza Maior 1, 1ºC 32630 Xinzo de Limia
Tl.: 988-46 15 71 (Luns, Martes, Mércores e Venres de 16.00hs ás 20.00hs)
cixdalimia[arroba]cdroviso.org

Algún dos cursos poderá sufrir algunha modificación nas datas ou horarios. As prazas son limitadas en todos os cursos e a admisión é por rigoroso orde de inscrición.

SUMARIO


Pobo escola A túa otra casa CIX da Limia Actualidade Foi noticias En imaxes Portada