Centro de Información Xuvenil da Limia

Para o albergue e as actividades, clica sobre "Pobo escola". Para o comedor social e a vivenda comunitaria, clica "A tua outra casa". Para o comercio xusto e o voceiro, clica CIX DA LIMIA.

Pobo escola A túa otra casa CIX da Limia Actualidade Foi noticias En imaxes Portada

     Como diss...? O TEU VOCEIRO DO CIX

2ª quincena de marzo do 2008. Ano XI- Nº 189. Publicación quincenal

SUMARIO:                                PARA CONSULTAR OS VOCEIROS PASADOS EN PDF PINCHA AQUÍ

1. Está na Rúa

2. Actividades

3. Cursos

4. Bolsas
5. Axudas e subvencións
6. Concursos...

 

ESTÁ NA RÚA...

SUMARIO

Xogos populares e ludo-biblioteca na Limia

Convoca: CDR O Viso

Contido: Unha vez a semana o CDR O Viso levará libros e xogos populares e tradicionais a:

Vilaseca                Sarreaus                        Piñeira Seca

Luns                    Mércores                            Venres.

Horario: dende as 16.30 ata as 17.30.

Información: CDR O Viso 988 45 44 08 Albergue e Vivenda Comunitaria de Lodoselo
CIX da Limia 988 46 15 71. cixdalimia[arroba]cdroviso.org

SUMARIO
 

Dende o CIX da Limia e o CDR “O Viso” convidámosvos a que fagades parte da vosa compra con artigos de Comercio Xusto. Deste xeito contribuiredes, co voso grao de area, a que este mundo poida ser máis xusto para centos de traballadores dos países empobrecidos.

· Tambor de pel de Kenya

· Utensilios de cociña.

· Caixas de regalo

· Tarxetas de felicitación

· Cafés (natural, biolóxico, descafeinado e arábica)

· Gran variedade de tés e infusións.

· Carteiras de pel, tela...

· Monicreques: varios personaxes nun só boneco.

· Instrumentos de música.

· ...

VISITA A NOSA TENDA NA OFICINA DO CIX, TEMOS UNHA GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS:

A TENDA ESTÁ ABERTA
NO HORARIO DO CIX

SUMARIO

PROGRAMA EMANCIPACIÓN XOVE:
MICROCRÉDITOS

SE ES MOZO/A, TES UNHA IDEA DE NEGOCIO E CARECES DE AVAIS E DE ORZAMENTO PROPIO PARA POÑER EN MARCHA A TÚA EMPRESA INFÓRMATE SOBRE O NOSO PROGRAMA. PODE PERMITIRCHE ACCEDER A UN CRÉDITO FINANCEIRO OUTORGADO POR LA CAIXA SEN AVAIS E EN CONDICIÓNS MOI FAVORABLES E CONTAR CO ASESORAMENTO TÉCNICO PARA A TÚA ACTIVIDADE EMPRESARIAL QUE CHE PRESTARAN ENTIDADES SOCIAIS INTERMEDIADORAS AO AMPARO DO CONVENIO SUBSCRITO CÓ INJUVE.

MÁIS INFORMACIÓN

SUMARIO

 

ACTIVIDADES...

VOLUNTARIADO AMBIENTAL EN PARQUES NATURAIS DE CASTELA E LEÓN - Campos de traballo 2008

Convoca: A Xunta de Castela e León, a través de distintas entidades

Contido: Diferentes campos de traballo de voluntariado ambiental en parques naturais. Os voluntarios e voluntarias participarán en todo tipo de labores vinculadas á conservación, xestión e desfrute da Natureza, dirixidos por un equipo de expertos e asesorados tamén polos técnicos do parque natural. De carácter gratuíto

Datas: Dende o mes de marzo ata o mes de novembro en quendas de 10 a 15 días

Máis información: www.xuventude.net

  ARRIBA

 

XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES POLA PAZ


Convoca: Educadores Pola Paz
Contido: XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ, Dedicarase por segunda vez o tema de estudo á Educación para a cidadanía e os dereitos humanos. No transcurso do mesmo presentarase o libro sobre a historia de EDUCADORES POLA PAZ, acompañado pola colaboración de máis de 40 ensaístas de diferentes disciplinas e lugares do mundo.
Datas: do 18 ó 20 de Abril en Vigo
Máis información:
http://www.educadorespolapaz.org/


 

  ARRIBA

NATURALMENTE GALIZA

Naturalmente Galiza é un programa ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O obxectivo é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.
DESTINATARIOS/AS
Programa dirixido a persoas con idades entre 18 e 30 anos.

NÚMERO DE PRAZAS
22 persoas por grupo cada fin de semana, agás na Ruta do Ouro, na que serán 16 os participantes.

COTA DE INSCRICIÓN
30 euros. Os/as posuidores/as do carné xove ou carné máis terán un desconto do 25%.

CONDICIÓNS XERAIS
Os prezos inclúen: aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, actividades con monitores-guía, seguros de accidentes e de responsabilidade civil. Non inclúe o desprazamento de ida nin de volta entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolve a actividade.

INSCRICIÓNS
As preiscricións podse efectuar, ata cubrir as prazas, na Dirección Xeeranral de Xuventude e Solidariedade persoalmente, ou chamando aos teléfonos 981 545 702, 981 545 937, 981 544 869 a partir do día 13 de marzo en horario 09:00 a 14:00 h.

Unha vez reservada a praza, deberedes efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas. Recibiredes información sobre como facelo no momento de efectuardes a reserva da praza.

 

  ARRIBA

 

PRIMAVERA ACTIVA EN TURISMO RURAL

Convoca:Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo -

Turgalicia.

Contido:Primavera Activa é un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia,O programa inclúe os seguintes servizos: aloxamento en casas de turismo rural, manutención completa (venres: cea,sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo), transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e un programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento.

Algunhas das actividades que poderás levar a cabo son:

  • Rutas en Kaiak e canoa

  • Mergullo

  • Voo en ultralixeiro

  • Hidrospeed

  • Ruta paisaxística en ATV e todo terreos

  • Espeleoloxía

  • Escalada en rocódromo

  • Roteiros literarios e dramatizados

  • Actividades e visitas culturais

Dirixido: mozos e mozas de entre 18 e 35 anos

Datas : nos meses de marzo abril e maio.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/actividades18

 

  ARRIBA

RUTA QUETZAL 2008 BBVA: A selva do río dos crocodilos: Panamá - río Chagres.

Convoca: BBVA

Contido: Ruta que mestura aventura e cultura dirixida a mocidade de 16 e 17 anos (nados os anos 1991 ou 1992). Para participar hai que superar unha selección mediante a presentación dun traballo histórico, literario, plástico ou musical escollendo entre os temas propostos pola organización. Este ano os seleccionados viaxaran durante un mes con todos os gastos pagos. Visitarán diferentes lugares de España e de Panamá, xunto con outros mozos e mozas de España, Latinoamérica, Guinea, Filipinas....

Información: www.rutaquetzal.com LIÑA BBVA 902 22 44 66 Correo. rutaquetzal@grupobbva.com 

  ARRIBA 

SUMARIO

 

CURSOS...

Cursos da Escola de Tempo Libre LIMICORUM: Aquí

Cursos de socorrismo

Convoca: Fundación Idissa.
Contido: Cursos de salvamento acuático, socorrismo, actividades acuáticas, primeiros auxilios, rescate, soporte vital básico, desfibrilación externa automática, rescate con embarcacións de salvamento, rescate con motos acuáticas, salvamento e rescate en inundacións, ríos e riadas.
Máis información:
http://www.funcacionidissa.org

  ARRIBA 

 

CURSO DE INICIACIÓN Á EDUCACIÓN AMBIENTAL

Convoca: CEIDA

Contidos:Introducir as temáticas e as metodoloxías de traballo no ámbito da Educación Ambiental, presentar os recursos e programas galegos, crise ambiental e posibles respostas dende o

ámbito socioeducativo

Datas: Do 27 ó 29 de marzo en Oleiros ,A coruña a inscrición costa 25 euros

Información :www.ceida.org

  ARRIBA 

Cursos de Monitor e Director de Tempo Libre
HAI MOITOS CONVOCADOS, CHÁMANOS OU ESCRÍBENOS E INFORMARÉMOSTE

 

 

 

Masters e postgraos das universidades galegas

CONSULTAR NO CIX

 

Cursos a distancia para profesionais da sanidade

Convoca: Logoss Formación Continuada

Contido: Cursos a distancia puntuables en todo o sistema nacional de saúde. Cursos específicos para Auxiliares de Enfermería, Fisioterapeutas, ATS/DUE e Técnicos Especialistas en Imaxe para o Diagnóstico.

Prazo: Todo o ano.

Informa: formacion@logoss.net www.logoss.net 902 153 130 / 953 245 500

  ARRIBA 

Cursos CENEAM

http://www.mma.es/portal/secciones/formacion_educacion/formacion/formacion_ceneam/aula_abierta/cursos.htm

  ARRIBA 

 

     SUMARIO

 

BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO

Prácticas remuneradas para titulados BECAS CITIUS 22ª EDICIÓN

Convoca: Fundación Universidade Empresa (FUE)

Contido: Os candidatos seleccionados acceden a un programa universitario de formación de posgrao de 160 horas de duración, que consta de dúas partes: un Plan de Formación Específica na Empresa (prácticas tuteladas de doce meses de duración e actividades formativas personalizadas na empresa) e un Plan Académico de Formación (itinerarios personalizados de 160 horas a partir de unha oferta de máis de 125 materias de formación universitaria de posgrao en diversas áreas de coñecemento). Ao final obtense un diploma polas Universidades de Madrid e Autónoma de Barcelona.

Dotación: un mínimo de 800 €/mes e con seguro de accidentes, seguro médico e formación gratuíta.

Prazas: 485 prazas que se ofertan en toda España, repártense nun total de 40 empresas.

Requisitos: título universitario oficial, non superar os 30 anos, experiencia laboral inferior a 6 meses relacionada coa titulación e non ter sido beneficiario de outra beca similar.

Información: www.cvnet-fue.com

 

  ARRIBA 

SE ESTÁS INTERESADO EN BOLSAS DE PRÁCTICAS PÁSATE POLO CIX, TEMOS MOITAS MÁIS

SUMARIO

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS...

Axudas para cursos de lingua francesa en Francia en xullo de 2008

Convoca: Ministerio de Educación e Ciencia
Contido:450 axudas para a realización dun curso de lingua francesa en distintos centros de Francia de catro semanas de duración no mes de xullo de 2008.
Requisitos:Alumnos que estean matriculados en primeiro e segundo de bacharelato ou nun ciclo formativo de grao medio
Prazo: 27/03/2008
Información:BOE 13/02/2008

  ARRIBA 

Cesión de equipos informáticos a persoas con discapacidade Equíp@te 2008

Convoca:A Fundación Bip Bip

Contido: Consiste na cesión de equipos informáticos que xeran as empresas, a persoas

con discapacidade física, e mobilidade reducida,para o ano 2008. A solicitude presentase a través das entidades á que pertenzan.

O prazo remata o 15 de Abril.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/discapacida

  ARRIBA 

 

Programa de renda activa de inserción para desempregados

Convoca: Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Contido: Regúlase o programa de renda activa de inserción para desempregados con especiais necesidades económicas e dificultade para encontrar traballo.

Requisitos: 1.- Maiores de 45 anos, que sexan demandantes de emprego inscritos como desempregados na oficina de emprego durante 12, ou mais meses, que non teñan dereito ás prestacións ou subsidios por desemprego, nin renda agraria e que non teñan rendas superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional.

2.- Tamén poderán ser beneficiarios do programa os traballadores desempregados menores de 65 anos que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33% ou teñan recoñecida unha incapacidade que supoña unha diminución na súa capacidade laboral.

3.– Ademais poderán solicitala os emigrantes que, ao volver do estranxeiro nos últimos doce meses, despois de traballar un mínimo de 6 meses no estranxeiro, estean inscritos como demandantes de emprego.

4.– Mulleres vítimas da violencia de xénero, que non convivan co agresor...

Prazo: Sen prazo.

Informa: BOE do 5 de decembro de 2006.

  ARRIBA 

Renda Básica de Emancipación da Mocidade

Organiza: Ministerio de vivenda

Requisitos: Xoves entre 22 e 30 anos, ter unha fonte regular de ingresos que non supere os 22.000€ brutos, vida laboral de 6 meses de antigüidade ou unha duración prevista de ingresos de ó menos 6 meses contados dende o día da solicitude, e ser titular do contrato en aluguer.

Duración: máximo de 4 anos

Inscrición: www.alquilerjoven.es

Información: BOE nº 267 do 7 de novembro.

xuventude.net/web/xuventude/vivenda/aluguer

  ARRIBA 

Préstamos para a compra de programas e equipos informáticos

Convoca: Instituto de Crédito Oficial

Contido: préstamos para a compra de equipos informáticos e software. Entre as liñas de crédito abertas figuran unha dirixida a mocidade (“Préstamo Mozos e Universitarios” de 18 a 35 anos), outra para PEMEs (“Préstamo TIC” para a conexión a internet, creación da web...) e outra para o resto da cidadanía (“Préstamo Cidadanía dixital” para mercar equipos informáticos, conexión a Internet e programas básicos).

Información: www.ico.es Tfno.: 900 121 121

  ARRIBA 

Permiso de conducir por menos de 1 euro ao día

Convoca: Dirección Xeral de Tráfico.

Contido: Programa "Permiso de conducir por menos de 1 euro ao día". Consiste nun préstamo sen intereses coa condición de realizar 10 horas de clases teóricas sobre Seguridade Viaria.

Se instrumentarán dúas modalidades de préstamo, en función do importe:

Tramo I: Entre 500 e 750 €, a un prazo máximo de 27 meses.

Tramo II: Entre 751 e 1.000 €, a un prazo máximo de 36 meses.

Os préstamos serán reembolsados polos beneficiarios ás entidades financeiras concedentes, sen intereses nin ningún tipo de comisión, mediante cotas mensuais constantes.

Requisitos: mozos españois ou estranxeiros residentes en España, de entre 17 e 25 anos, que non sexan beneficiarios do Programa con anterioridade, nin sexan titulares do permiso de conducir da clase B. Os interesados en beneficiarse dun préstamo previsto no Programa deberán presentar na entidade financeira colaboradora a solicitude acompañada da documentación correspondente e, en calquera caso, do contrato de formación subscrito cunha auto-escola adherida ao Programa, no cal detallarase o custo da obtención do permiso de conducir da clase B.

Prazos: O prazo para solicitar os préstamos comezará o 1 de novembro de 2007 e finalizará o 15 de decembro de 2008.

Informa: BOE do 14 de xullo de 2007.  http://www.mir.es/SGACAVT/trafico/permisos_un_euro.html

  ARRIBA 

SUMARIO

 

CONCURSOS...

Certame de Arte Postal en Chantada

Convoca: Casa da Xuventude de Chantada.

Contido: 2º Certame de Arte Postal de Chantada

Requisitos: poderán participar todos os autores que o desexen, facendo chegar as súas obras necesariamento por correo postal ou correo electrónico. O enderezo postal é: 2º Certame de Arte Postal de Chantada. Casa da Xuventude de Chantada. Rúa Rosalía de Castro, 1. 27500 Chantada. Lugo. Os traballos presentados levarán como tema a liberdade de expresión. As obras deberán levar un título identificativo e incluir os datos completos do autor. Os artistas que prefiren enviar o seu traballo por correo electrónico deberán xuntar os arquivos en formato BMP, JPEG ou similar, e o seu traballo exporase impreso no tamaño orixinal, que será como máximo DIN A4. Coas obras recibidas editárase un catálogo coa relación de todos os participantes e realizarase unha exposición de todas as obras na Casa da Xuventude.

Prazo: 31 de maio de 2008

Informa: Casa da Xuventude de Chantada. Rosalía de Castro 1. 27500 Chantada. Lugo. Teléfono: 982 441 614

 

  ARRIBA 

II Certame fotográfico Hai roupa tendida.

Contido: Todo tipo de fotos que teñan como eixo central os tendedeiros de roupa máis orixinais que

podades atopar.Incluír coa foto un título, o nome do autor e, se o sabedes, onde foi sacada. Mandadeo todo a mirasfole@yahoo.com

Máis información en www.rabudo.es

  ARRIBA 


 

X Certame de Contos Cultura Quente

Convoca:O Concello de Caldas de Reis (Pontevedra).

Contido: Os contos serán orixinais e inéditos, cunha extensión entre 5 e 15 folios mecanografados a dobre espacio e por unha soa cara. A lingua a empregar será o galego. A participación é aberta a todos e todas.

O prazo remata o 6 de xuño de 2008.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

  ARRIBA 


 

II Concurso fotográfico mirada e luz 2008

Convoca: Caixa Galicia

Contido:Este concurso está enfocado a todos aqueles interesados no campo da fotografía que non se dediquen profesionalmente a isto.

Prazo:Ata o 18 de abril poderanse colgar as fotografías na web.

Información: www.obrasocialcaixagalicia.org


  ARRIBA 

Concurso de contos para a mocidade


Convoca: A Casa da Xuventude de Ourense...
Contido:Poderán concorrer todas as persoas entre 14 e 30 anos, con un ou varios relatos.
Prazo: 26 de abril de 2008.
Máis Información: www.casaxou.com
Bases do concurso:http://www.casaxou.com/pdf/bases_concurso_contos.pdf


 

  ARRIBA 

XII CERTAME DE POESÍA XUVENIL MIGUEL HERNÁNDEZ
 

Convoca: Asociación Cultural Club Excelsior
Contido:
A forma das obras presentadas será libre e o tema poderá acollerse ás modalidades de temática seguinte: libre ou adicada a Miguel Hernández.
Cada autor poderá participar en ámbalas dúas modalidades se así o desexa. Os traballos serán orixinais e inéditos, cunha extensión mínima de 30 versos e máxima de 100.
Poderán participar cantos poetas o desexen e non teñan máis de 26 anos ata a data do fallo do xurado.
Prazo: O prazo de finalización de presentación dos traballos será ata o 30 de abril de 2008.
Máis Información:
Lugar de presentación dos traballos: Prza. de José Antonio, 3, 03159 Daya Nueva. Tfnos:96 570 0789/657 666 048
Páxina web do certame: http://www.miguelhernandezvirtual.com/paginaprincipal.htm

 

  ARRIBA 

 

Circuíto de música injuve 2008


Convoca: Injuve
Contido:Poden inscribirse individualmente ou en grupos dun máximo de sete compoñentes os e as mozas de nacionalidade española e todos aqueles cidadáns e cidadás legalmente establecidos en España, que non superen os 30 anos de idade. Admítense todo tipo de modalidades musicais (canción de autor, clásica, flamenco, folk, jazz...) excepto o pop e o rock.
Prazo: O prazo de inscrición finaliza o día 14 de abril de 2008.

Máis Información:www.injuve.mtas.es

  ARRIBA 

 

Concurso de fotografía para mozos europeos

Convoca:Comité das Rexións
Contido:Concurso de fotografía para xóvenes europeos, é unha iniciativa financiada polo Comité das Rexións para mozos entre 15 e 28 anos de idade.Os traballos fotográficos deben tratar sobre a visión que os propios xóvenes teñen en Europa desde a súa rexión. As fotografías poden ser en branco e negro, en color ou ben dixital. Un xurado seleccionará no mes de maio os gañadores.
Haberá dous premios un de 1500 euros e un segundo de 500 euros; ademáis os dous terán a oportunidade de asistir ós cursos de periodismo local e rexional na Universidade de Verán de Bruselas, os dáis 10 e 11 de xuño.
Prazo:O prazo para concursar estará aberto ata o 30 de abril de 2008.
Máis Información:

www.cor.europa.eu/eppweb/photocompetition/Rules/rules_es.pdf

  ARRIBA 

 

CONCURSO DE CARTEIS PARA O FESTIVAL DE ORTIGUEIRA 2008

Convoca: O Festival de Ortigueira
Contido: un concurso creativo para seleccionar o cartel oficial que servirá de imaxe da edición 2008 da cita folk, que se desenvolverá os días 10, 11, 12 e 13 de xullo.No concurso poderá participar tanto persoas físicas ou xurídicas individualmente ou en equipo, que teñan unha idea con gancho publicitario.
Establécese para o gañador un único premio de 6000 €.
Prazo:Do 24 de marzo ao 4 de abril.Na Casa Consistorial de Ortigueira ou envialos por correo ordinario ao Concello de Ortigueira (praza de Isabel II s/n, 15.330 Ortigueira) coa referencia "Concurso Cartel Festival Celta 2008".
Información e Bases do concurso:
www.festivaldeortigueira.com/imxd/noticias/doc/1201696087BasesCartel2008galego.pdf

  ARRIBA 

SUMARIO

 

 

CIX da Limia - Centro de Desenvolvemento Rural " O VISO"

 Locations of visitors to this page