Centro de
Información Xuvenil da
Limia
|
1. O VOCEIRO DO CIX (Publicación quincenal) 3. Servizo de información, asesoramento, mediación e prevención de drogodependencias Organiza:
Promove:
Subvencionan:
|
SE ES MOZO/A, TES UNHA IDEA DE NEGOCIO E CARECES DE AVAIS E DE ORZAMENTO PROPIO PARA POÑER EN MARCHA A TÚA EMPRESA INFÓRMATE SOBRE O NOSO PROGRAMA. PODE PERMITIRCHE ACCEDER A UN CRÉDITO FINANCEIRO OUTORGADO POR LA CAIXA SEN AVAIS E EN CONDICIÓNS MOI FAVORABLES E CONTAR CO ASESORAMENTO TÉCNICO PARA A TÚA ACTIVIDADE EMPRESARIAL QUE CHE PRESTARAN ENTIDADES SOCIAIS INTERMEDIADORAS AO AMPARO DO CONVENIO SUBSCRITO CÓ INJUVE. O C.I.X é un centro de información para a mocidade, xurdido en 1994 da iniciativa do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". O obxectivo do Centro de Información Xuvenil é achegar á xuventude da comarca da Limia todas aquelas informacións que poidan serlles de interese e utilidade para facilitar a inserción laboral, a mellora da formación profesional e educativa, a promoción do asociacionismo xuvenil e a participación social e cultural da mocidade limiá. O C.I.X. é unha iniciativa dirixida por xente nova e pensada para os máis mozos/as, para divulgar e dar a máis ampla difusión ás posibilidades e recursos ofrecidas polas diferentes administracións e asociacións, e coas que a xuventude da nosa comarca pode contar para satisfacer as súas ansias educativas, laborais, culturais ou de tempo libre. Estamos para ofrecerche o noso asesoramento e orientación sobre calquera tema ou cuestión que sexan do teu interese. ONDE PODES ATOPARNOS? Contamos cunha oficina na Praza Maior, nº 1 - 1ºC de Xinzo de Limia. O horario de atención ó público é Martes das 9.30 h. ás 13.30 h. e Luns, Martes, Mércores e Venres das 16 h. ás 20 h. Podes chamarnos ao teléfono: 988.461571 ou escribirnos a cixdalimia[arroba]cdroviso.org SOBRE QUE TE PODEMOS INFORMAR? O C.I.X. a través dos seus fondos documentais e arquivos, ou en conexión con outros Centros de Información pode poñer ó teu alcance información sobre:
TODA A TÚA INFORMACIÓN
ACTUALIZADA CADA 15 DÍAS NO
|
||||||||||||||||||||||