CDR O VISO

                                                                                            Pobo escolar

 

Para o albergue e as actividades, clica sobre "Pobo escolar". Para o comedor social e a vivenda comunitaria, clica "A tua outra casa". Para o comercio xusto e o voceiro, clica CIX DA LIMIA.

Pobo escola A túa otra casa CIX da Limia Actualidade Foi noticias En imaxes Portada

É unha segunda casa pensada para as persoas maiores do propio pobo e dos pobos da contorna. Pero tamén está aberta a tódolos sectores da poboación porque todos e todas podemos aportar algo aos demais. É a filosofía do pobo escola: o desexo de abrir canles de comunicación e colaboración e non crear fronteiras e obstáculos entre os distintos membros da comunidade.

    

 

    Por iso e dende comezos de 1999 leva funcionando nos locais do CDR O Viso o comedor social, a lavandería; agora tamén a vivenda comunitaria-tutelada con capacidade para 12 persoas; para posibilitar -entre outras cousas- algo tan sinxelo e tan fondo como "poder facernos vellos no entorno no que vivimos", non vernos na obriga de "emigrar para morrer" onde marcharon vivir os nosos fillos ou fillas ou a unha residencia allea totalmente ó noso.

 

 Que vas atopar aquí?

- Servizo de axuda

- Servizo de comedor

- Servizo de lavandería e pasado do ferro

-  Pobo escola

- Vivenda comunitaria tutelada

- Actividades formativas, de ocio e tempo libre...

 

Contacto

Teléfono: 988461571 / 988454408                Enderezo electrónico: info[arroba]cdroviso.org

 

Pobo escola A túa otra casa CIX da Limia Actualidade Foi noticias En imaxes Portada