ESCOLA DE
TEMPO LIBRE
LIMICORUM
PROGRAMA DE CURSOS 2008
INFORMACIÓN E RESERVAS:
Praza Maior 1, 1ºC 32630 Xinzo de Limia
Tl.: 988-46 15 71 (Luns, Martes, Mércores e Venres de 16.00hs ás 20.00hs)
cixdalimia[arroba]cdroviso.org
Algún dos cursos poderá sufrir algunha modificación nas datas ou horarios. As prazas son limitadas en todos os cursos e a admisión é por rigoroso orde de inscrición.
PROXIMAMENTE PASADOS SEN DATA
Pincha no título para ter máis información:
1. OBRADOIRO DE DANZAS DO MUNDO.
2. OBRADOIRO DE MEDIADOR@S EN SEXUALIDADE XUVENIL.
3. OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.
4. EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O TEMPO LIBRE I.
5. CURSO DE MONITORES/AS DE LECER E TEMPO LIBRE.
6. OBRADOIRO: “DESENVOLVEMENTO PSICOMOTOR: CONTROL DO CORPO E POSIBILIDADES DE ACCIÓN E EXPRESIÓN”:
8. OBRADOIRO: “INICIACIÓN Ó TEATRO”: MOVEMENTO, CREATIVIDADE, COMUNICACIÓN E XOGO.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1.
OBRADOIRO DE DANZAS DO
MUNDO:
.jpg)
Datas: 19 de abril
Lugar: Lodoselo (Sarreaus).
Horario: Sábado de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00
Prezo: 10 € (incluído o xantar do sábado)
Este obradoiro pretende devolvernos o sentido de estarmos conectados ao noso corpo e a capacidade de dirixir os movementos e tarefas que forman parte da nosa identidade, ser unha fonte xenerosa de deleite e un achegamento á interculturalidade rítmica.
Esta dirixido máis especificamente a educadoras/es, monitoras/es de tempo libre, animadoras/es socioculturais… pero tamén ao público en xeral interesado en coñecer cómo as diferentes culturas souberon aproveitar e conectar as cualidades do noso corpo, tanto pola súa graza coma polas habilidades que envolven.
2. OBRADOIRO DE MEDIADORES/AS EN SEXUALIDADE XUVENIL.
Datas:
Lugar: Lodoselo (Sarreaus)
Horario:
Sábado de 9.00h.- 14.00h. e 16.00h. – 20.00h.
Domingo de 9.00 h. a 14.00h.
Este obradoiro ofértaselle á mocidade das diversas asociacións xuvenís comarca ou á xuventude das diversas asociacións (de veciñanza, culturais, etc,...), proporcionando a participación activa na promoción da saúde sexual dos seus iguais, dotalos de coñecementos, ferramentas e habilidades para desenvolver una labor mediadora.
Obxectivos específicos:
· Proporcionar á adolescencia información, formación e asesoramento que potencie unhas vivencias afectivo-sexuais positivas e saudábeis.
· Prever riscos ao traveso dos coñecementos.
· Difundir información correcta, obxectiva e científica.
Programa:
· Somos sexuados. Concepto de Sexualidade.
· Cómo funciona o noso corpo. Anatomía e fisioloxía sexual. Menarquia e Menopausa.
· Afectividade e Sexualidade. Pautas de conduta sexual. Masturbación.
· A Sexualidade en imaxes e palabras: análise da publicidade e das noticias da prensa. Linguaxe sexista. Maltrato. Agresións.
· Anticonceptivos, prevención de embarazos non desexados.
· Roles sociais, xénero e sexualidade. Deberes e desexos sexuais.
· Enfermidades de transmisión sexual. Hixiene e prevención.
3. OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
Datas:
Lugar: Lodoselo (Sarreaus).
Horario:
Sábado de
10.00h.- 14.15h. e 16.00h. – 20.00h.
Este obradoiro pretende ser un achegamento aos xogos populares e tradicionais
coa intención de que os monitores ou educadores asistentes poidan incorporar
estes xogos ao seu repertorio.
Este obradoiro
será impartido por profesores da
AGXPT e contarase coa axuda
inestimábel dos usuarios da casa comunitaria “A túa outra casa” que o CDR O Viso
ten en Lodoselo.
CONSULTA O PROGRAMA DO CURSO AQUÍ
4. EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA O TEMPO LIBRE I:
Datas:
Lugar: Lodoselo (Sarreaus)
Horario:
Sábado de 9.00h.- 14.00h. e 16.00h. – 20.00h.
Domingo de 9.00 h. a 14.00h.
Curso-obradoiro que pretende aportar aos asistentes recursos didácticos e de lecer relacionados co medio ambiente e a educación ambiental.
5. CURSO DE MONITORES/AS DE LECER E TEMPO LIBRE.
Datas: do 21 de xullo ó 9 de agosto de 2008
Lugar: Albergue do Pobo Escola de Lodoselo.
Horario: de 9.00h.- 14.00h. e 16.00h. – 21.00h.
Este curso de 200 horas teórico - prácticas de duración será de caracter intensivo habendo a posibilidade de estancia no albergue.
ACCEDE A MÁIS INFORMACIÓN DO CURSO AQUÍ
6. OBRADOIRO: “DESENVOLVEMENTO PSICOMOTOR: CONTROL DO CORPO E POSIBILIDADES DE ACCIÓN E EXPRESIÓN”:
Datas:
Lugar: Lodoselo (Sarreaus)
Horario: Venres de 17.00 h. a 20.00 h.
Sábado de 9.00h.- 14.00h. e 16.00h. –
20.00h.
Domingo de 9.00 h. a 14.00h.
Obxectivos específicos:
· Adquirir coñecementos no campo da psicomotricidade e do seu desenvolvemento, así como nas capacidades de acción e expresión do corpo humano.
· Ter capacidade para elaborar e poñer en práctica un programa de desenvolvemento psicomotor, co fin de previr, paliar ou atallar os posibles trastornos psicomotores nos diferentes grupos de idades.
Programa:
O programa está composto por quince temas agrupados en tres bloques:
· Psicomotricidade e control postural
· Posibilidades de acción e expresión
· Aplicación práctica dos contido nos diferentes ámbitos colectivos de traballo: Técnicas, actividades e exercicios.
Datas:
Lugar: Lodoselo (Sarreaus)
Horario: Venres de 17.00 h. a 20.00 h.
Sábado de 9.00h.- 14.00h. e 16.00h. –
20.00h.
Domingo de 9.00 h. a 14.00h.
Neste curso daráselles aos participantes unhas primeiras nocións desta arte para que poidan converterse en pequenos magos nas festas e actividades de lecer. Os contidos irán dende técnicas fundamentais de cartomaxia ata maxia con obxectos e maxia cómica.
8. OBRADOIRO: “INICIACIÓN Ó TEATRO”: MOVEMENTO, CREATIVIDADE, COMUNICACIÓN E XOGO.
Datas:
Lugar: Lodoselo (Sarreaus)
Pretende achegar o teatro, a aqueles que queiran iniciarse no mesmo como afeccionados, ao público de teatro, dende os máis pequenos ata os máis adultos e a todos aqueles interesados no teatro en xeral: como parte da súa formación cultural e humana.