Qué é o C.I.X.
(Publicación quincenal) 3. Servizo de información, asesoramento, mediación e prevención de drogodependencias
Organiza: Promove: Subvencionan:
|
Servizo de información, asesoramento, mediación e prevención de drogodependencias. Un servizo para a comunidade: mocidade, familia, educadores. Porque os modelos educativos inflúen na capacidade dos fillos/as para afrontar os riscos de consumir drogas... Porque o traballo dos pais tamén consiste en axudar ós fillos/as a preparar, da mellor maneira posible, a “mochila” coa que transitar pola vida... Porque cantas máis e mellores ferramentas conteña (valores, pautas de conduta, coñecementos, habilidades persoais e sociais), de forma máis eficaz se enfrontarán -os seus fillos/as– ós retos que se vaian atopando... O programa de información, asesoramento, mediación e prevención de drogodependencias do C.D.R. “O Viso”, nace co obxectivo de ofrecer, dende o Centro de Información Xuvenil da Limia (CIX), a toda a comunidade - especialmente ás familias con fillos/as adolescentes - un servizo que lles permita abordar da forma máis axeitada posible a prevención do consumo de drogas, ademais de informalos dos recursos existentes para previr e tratar esta e outras problemáticas. OFRECÉMOSCHE: Información, orientación, asesoramento, derivacións a outros recursos especializados, mediación familiar, acompañamento... É un servizo gratuíto e confidencial. Ademais do equipo educativo do CDR “O Viso” contamos cun terapeuta. DESTINATARIOS: Toda a comunidade: Educadores, axentes sociais, pais, nais, mozos/as, que ben en familia ou individualmente senten a necesidade de informarse, asesorarse... HORARIO E ATENCIÓN: Ademais da atención ó público no horario da oficina (Martes das 9.30 h. ás 13.30 h. e os Luns, Martes, Mércores e Venres das 16 h. ás 20 h.) pódense fixar citas adaptándose ás necesidades individuais. Cita previa ou consulta telefónica chamando ó ( 988 461571
|