principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

Doncel de primavera

Preguntou sempre pola Vida,
a Morte nunca lle doera;
doncel e mans de primavera
cada luzada renacía.

Corpo da Terra en luz luída,
berce de vento e flor tivera;
mañás das aves as áas deran
para o seu canto de alegría.

Cerne lanzal amouno todo,
il -choído no Soño- como
gozo do Día alá gozaba.

¡Corazón forte que era..! O Tempo
non perdonou o desalento:
Noite lle deu pra que sangrara.

Arcadio López-Casanova, de Liturxia do corpo. Ediciós do Castro, 1983.
Para obter máis información sobre o autor preme aquí.
Fonte:
Arturo Casas, Antoloxma consultada da poesma galega 1976-2000. Tris-Tram, 2003.

 
     
  [poemas publicados] | [información e subscrición]