principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

Saída

Naciches morte e simultánea vida
virada gabián.
Érades dous ou unha
segundo que os reflexos fosen ocres
ou anil. Se prefires,
diréivolo ás avesas:
érades morte e vida delongada
ou proxección de pontos
equidistantes. Érades un ou dúas.
Eu termaba do centro.
Un gaio disfarzado de bubela
exexaba os meus pasos triplicados.

Eu termaba do centro na paseata.

Vítor Vaqueiro, de A cámara de néboa, Sotelo Blanco, 1989.
Para obter máis información sobre o autor preme aquí.
Fónte: Traxectorias. Obra poética (1977-2002), Espiral Maior, 2003.

 
     
  [poemas publicados] | [información e subscrición]