|
Primeiro
foi o mar, despois a pedra.
¿Que quedará de nós?... Unha espuma levísima,
fado de Amalia para unha travesía.
¿Que loita de navíos?...
¿Onde o naufraxio daquela Nao Preta?...
Primeiro
foi o mar, mais non é certo
que a corrente nos leve:
Correspóndelle á onda repetirse de novo,
devolver algo vivo por unha dor tremenda.
Alas
pasan, indómitas, altas como trofeos.
Sobrevoan a orela onde ti e mais eu nunca estivemos.
Arestora que parou de chover
corenta días e corenta noites
é preciso esquencer o diluvio,
dicir que xa podemos coroarnos
cun ramallo de olivos.
¡Ah,
si, país de outono dende un trono de sombras!
Hai
un porto inmediato afincado nas pedras.
Agora
só a historia varada e nós mesmos.
|