| |
Portanet:
Moda lusitana
Podemos
ser irmás.
Eu entro e probo camisetas
que custan menos de mil.
Todo está cheo de caixas,
dun boureo coma eses
que só é quen de fabrica-la historia.
Moda lusitana.
Portugal a carón da casa,
e se me descoido
nin o visito.
Agora levo
as camisetas portuguesas
e pregúntome pola itinerancia das fronteiras
pola facilidade en que podo levar cousas
Made in Taiwan
e logo pensarmos
que é un lugar que queda lonxe.
María
Reimóndez, Moda galega.
Santiago, Positivas, 2002
Para
obter máis información sobre a autora preme aquí.
Fonte:
a mencionada edición.
|
|