|
porto
da Coruqa, ano mil novecentos e poucos
eu
quería que meu bisavó fose pirata barbazul
pero el sobe a aquel barco, cos seus primeiros zapatos de 18 anos,
sen máis terra que a das súas unllas labregas
América
era o seu horizonte de escuma
e meu bisavó di un adeus sen a penas dirección
con bágoas sequísimas e un silencio gris
até chegar á Arxentina
meu
bisavó nunca me falou de Bos Aires
eu
quería que meu bisavó cantase polas avenidas tangos
saudosos
na lembranza dun país que se cadra era un destino, ou un
amor,
pero meu bisavó só coñeceu a cidade raulgonzaleztuñón
e tabernaria
un porto que era unha illa esquecida
e homes tatuados
nas sombras nocturnas dos arrabaldos
meu
bisavó volveu cun bandaneón baixo do brazo
e cicatrices como lascas de memoria e soidade
meu
bisavó baixa daqueloutro barco, enfermo de atlántico,
tusindo un tempo que se esfuma na súa fame lenta
eu
quería que meu bisavó fose indiano
de chaleco, levita, chapeu e reloxo no peto
pero meu bisavó traballaba día e noite
para facer un enorme barco de carpinteiro
e entre garlochas, martelos, puntas, serras, táboas...
consumía a súa vida e fabricaba esquecementos
meu
bisavó nunca me falou de Bos Aires
poucos
días antes de morrer
meu bisavó a penas nos recoñecía
e só falaba de xente enterrada na chuvia da memoria
e dunha terra, alén do mar,
que aínda debía gardar a súa súa e mais
a súa mocidade.
Rafa
Villar, poema incluído en Sempre mar, Burla Negra,
2003.
Para
obter máis información sobre o autor preme aquí.
Fonte: a mencionada edición.
|