Esta
foi a primeira lúa da lúa gris.
Encontreina navegando por aí cando estaba empezando a
montar o sitio, nunha páxina que despois desapareceu,
e nunca souben quen era o autor.
Esta
lúa, "Serenata de la luna" (Madrid, 1990) é
unha fotografía de Julio Álvarez Yagüe. Atopeina
no sitio Hispanart,
que ten unha revista moi recomendábel dedicada á
fotografía.
Para ver máis obras deste autor, preme aquí
Esta
lúa foi a lúa gris durante os últimos meses
de 2001. Un ano espacial antes de chegar, gracias a Kubrik.
É unha pintura de Isabelle Mousson titulada "Lever
de lune". Para ver máis obras desta autora, fai
clic aquí.
Esta
imaxe da lúa (a primeira lúa real da lúa
gris) é unha foto tomada pola Apollo 17 en 1972.
Esta
lúa durou moito. Só desapareceu co cambio completo
do deseño do sitio que se publicou a finais de 2003.
É un traballo de Robert Delaunay titulado "Lúa
Nº 3", que pertence
á serie "Formas circulares".
Esta
foi a primeira lúa da nova etapa da lúa gris.
É unha obra de j. si-ming lee titulada "lúa"
("moon").
Pódese ver máis
traballos da autora facendo clic aquí
Este
é un traballo de sung-eu choi titulado "lúa".
Atopeino en internet. A páxina de onde saíu é
esta.