principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

xohana torres

Poeta, narradora e dramaturga galega. Aínda que fondamente vencellada a Ferrol, naceu en Santiago de Compostela en 1931. Mantivo durante boa parte da súa vida unha intensa actividade cultural e literaria que lle dan un espazo de honra na historia cultural do país na segunda metade do século XX. Inscrita na xeración coñecida como das Festas Minervais, a súa obra poética inclúe os seguintes títulos: Do sulco (1957), Estacións ao mar (1980, Premio da Crítica Española), Tempo de ría (1992) e Ferrol, corazón de navío (2001). É membro da Real Academia Galega.