| |
xela
arias
Poeta
galega nada en Lugo en 1962, morreu en Vigo (onde residira boa parte
da súa vida) en novembro de 2003. Publicou os poemarios Denuncia
do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990), Darío
a diario (1996) e Intempériome (2003). Textos
seus pódense ler tamén en varias revistas: Festa
da palabra silenciada, Dorna e Luzes de Galiza
son algunhas delas. Foi tamén traductora.
|
|