| |
rafa
villar
O poeta
galego Rafa Villar, nado en Cee (A Coruña) en 1968, é
unha das figuras máis relevantes das últimas xeracións
literarias galegas. É autor dunha xa extensa obra poética
da que destacan: Liques da memoria (1º Premio de Poesía
Bouza Brey, 1993), A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou
sombra (1997), ou Dias de Sherazade (2000). Fixo parte dos máis
importantes movementos de intervención poética dos
90 e sostén unha importante laboura en prol da difusión
da poesía galega. Actualmente fai parte da executiva da Asociación
de Escritores en Lingua Galega.
Máis información sobre o autor na súa páxina
web.
|
|