| |
luísa
villalta
Poeta
galega, naceu na Coruña en 1957 e finou na mesma cidade en
2004. Ten publicado Música reservada (1991), Rota ao interior
do ollo (1995) e Ruído (1995). Próximamente verá
luz o seu libro póstumo, merecente en 2003 do Premio Espiral
Maior de Poesía. A súa obra poética atópase
tamén espallada por innúmeras publicacións
periódicas e edicións colectivas. Foi tamén
ensaísta e intérprete musical. Activamente comprometida
coa literatura e a cultura do país, fixo parte durante moitos
anos da executiva da Asociación de Escritores en Língua
Galega.
|
|