| |
eduardo
blanco-amor
Un
dos nomes sobranceiros da literatura galega. Nado en Ourense en
1897 e morto en Vigo en 1979. Aínda que célebre sobre
todo pola súa producción narrativa, iniciouse nas
letras como poeta. O seu primeiro título, Romances galegos,
está datado en 1928 e responde ao reclamo neo-popularista
dalgúns autores da xeración española do 27.
A este título seguirán Poema en catro tempos (1931).
En 1956 ve luz Cancioneiro, libro que recolle a súa
laboura poética entre 1931 e 1950. Parte da súa obra
está escrita en lingua castelá, destacando títulos
como Horizonte evadido (1936) ou En soledad amena (1941).
|
|