principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

emilio araúxo

Poeta galego, nado en Coles, Ourense, en 1946. Ten publicada unha obra heteroxénea, que inclúe poesía (con títulos como, A chaira das letras, 1998, ou Cinsa do vento, 1996), narrativa (Tempos serodios, 1996), traduccións de poesía e de ensaio, ou un libro de entrevistas a setenta e nove poetas de todo o mundo (Do lado dos ollos, 2001). Foi profesor de filosofía de ensino medio. Desenvolve unha encomiábel tarefa de editor, primeiro dende o selo Noitarenga e mais actualmente, dende Cadernos AMASTRA-N-GALLAR, dende onde distribúe pequenas edicións non venais de filosofía e poesía, e mais publica a revista AMASTRA-N-GALLAR adicada ao pensamento arredor da poesía.