| |
claudio
rodríguez fer
Poeta
galego, nado en Lugo en 1956. Da súa obra poética
destacan Tigres de ternura (1983, Premio da Crítica
Española), Lugo Blues (1987), Vulva (1990),
Extrema Europa (1996), Belas e bestas (edición
dixital, 2002). É profesor de literatura e crítico,
destacando, neste eido, diversos traballos sobre Ánxel Fole
e José Ángel Valente. Promotor de diversas iniciativas
literarias e culturais, fai parte actualmente do consello de redacción
da revista Unión Libre. A poeta Olga Novo ten publicados
algúns traballos sobre a súa obra.
|
|