principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

cecília meireles

Poeta brasileira nada no Río de Janeiro en 1901 e morta na mesma cidade en 1964. Publicou o seu primeiro libro, Espectros, en 1919 e a partir de entón produciría unha obra ampla e de grande relevancia, dentro da rica producción brasileira do século XX. Outros seus títulos son Nunca mais... (1923), Poemas dos poemas (1923), Viagem (1939), Romanceiro da inconfidência (1953), Poemas escritos na Índia (1962) ou Solombra (1963). É autora tamén dunha interesante obra para o público infantil, así como de crónicas e outras prosas. Foi profesora universitaria tanto no seu país canto en Portugal.