| |
bernardino
graña
Poeta
galego nado nado en Cangas do Morrazo (Pontevedra) en 1932. De longa
e frutífera traxectoria literaria, na súa obra poética
destacan os títulos seguintes: Poema do home que quixo
vivir (1958), Profecía do mar (1966), Non vexo
Vigo nin Cangas (1975), Se o noso mar e os peixes volveran
Sar arriba e sementaran (1980, Premio Galicia do Concello de
Santiago en 1978), Sima-cima do voar do tolo (1984), Himno
verde (1992), Luz de novembro (1997). En 1995 publicouse
a súa obra poética completa baixo o título
de Ardentía. Traducido a diversas linguas, hai poemas
seus espallados en numerosas publicacións periódicas
europeas. Membro fundador do grupo Brais Pinto e primeiro presidente
da Asociación de Escritores en Lingua Galega, é tamén
narrador e dramaturgo.
|
|