principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

antón r. reixa

O escritor Antón Reixa naceu en Vigo en 1957. Publicou, entre outros, As ladillas do travesti (1979), Historia do Rock and Roll (1985), Ringo rango (1992) e Viva Galicia beibe (1994). É tamén cantante, destacando a súa participación no grupo de rock Os resentidos. Licenciado en filoloxía galega, foi membro fundador do grupo poético Rompente. Productor de televisión, no seu haber destaca a creación da serie Mareas Vivas. Recentemente dirixiu a súa primeira longamentraxe, O lapis do carpinteiro, baseado na novela homónima de Manuel Rivas.