principal
  un poema semanal
  10 versos (ou menos)
  poesía lunática
  as lúas da lúa gris
  ligazóns
  contacto
  eduardo estévez
     
 

arcadio lópez-casanova

Poeta lugués nado en 1942. A súa obra poética inclúe os títulos seguintes: Sonetos da espranza resentida (1965), Palabra de honor (1967), Memoria dunha edá (1976), Mesteres (1976), Liturxia do corpo (1983), Noites do degaro (1994). A edición completa da súa poesía (1960-2000) atópase no prelo da editorial Espiral Maior. Ten publicado tamén algúns volumes e poesía en español, así como teatro, literatura infantil e estudos críticos e antoloxías de varios autores de literatura española e galega. É doutor en filoloxía pola Universitat de Valencia onde exerce como profesor titular de filoloxía española.