páxina persoal de eduardo estévez
  principal
  datos persoais
  publicacións
  ligazóns
  contacto
  luagris.net
     
 
     
    poemario en construción
     
poema   pudor
versión   1
ligazóns asociadas na bitácora  
                                   
outras versións   2
 

pudor

ela erguéndose da cama
núa
a habitación está escura pero
acende a luz

as nosas roupas
espalladas polo chan
desvélanse desoladoras

vai ata a porta
o seu corpo é terso
os seus peitos
non moi grandes ríxidos
e acaso só
nas nádegas se vexa unha certa
flacidez pero en realidade
non son máis que anuncios
imprecisos
de que os anos pasan

eu tampouco estou exento

o espello de baño recórdamo
cada mañá ao saír
da ducha

ela erguéndose
da cama e saíndo da habitación

o seu corpo espido ponme
extrañamente incómodo

por momentos preferiría
un xesto de pudor

vai ao servicio
escóitoa levantar
a tapa do váter

non a vexo pero sei
que non pechou a porta

a luz do baño
espállase a través do corredor

e cada ruído
de cada un dos seus
xestos cotiáns
deixará no meu corpo
unha certa sensación
de abandono

regresa á habitación
conecta novamente o teléfono móbil

volve deitar ao meu carón
acende un cigarro

éntralle unha mensaxe

e mentres ela se concentra
en contestar eu érgome
vístome devagar e sen
unha soa palabra
marcho

fóra e noite clara
e vai frío

 
     
   [regresar ao índice do libro] | [deixar un comentario]  
  [regresar á páxina principal do sitio] | [regresar ao índice de publicacións] | [arriba]  
     
 
licenza creative commons

esta obra está publicada baixo unha licenza de creative commons.