páxina persoal de eduardo estévez
  principal
  datos persoais
  publicacións
  ligazóns
  contacto
  luagris.net
     
 
     
    poemario en construción
     
poema   ollos
versión   1
ligazóns asociadas na bitácora  
                                   
outras versións    
 

j pecha os ollos

m quedou durmido no sofá

xa non pintaba
só observaba en fite
dende o sofá
o lenzo inacabado e durmiu

as primeiras luces do día
crean brillos
inesperados
nas cores ocres do lenzo
pero logo desaparecen

j érguese pecha as contras
e con xesto vagamente
triste
recolle do chan unha manta
e tapa con ela a m

m durme un sono intranquilo

cando esperte
sentirá unha previsíbel
pesadez na cabeza

regresará á pintura e descubrirá
que a luz do día
a luz gris do inverno
fai do lenzo
un outro lenzo

á luz do día
a tristura faise
obvia obscena

e na luz a luz dos ollos
do retrato confundirase coa néboa
da memoria
coa desolación de tentar
translucir na tea
en van
as cores
do pensamento

pechará logo m
os ollos
do retrato

a imaxe final
terá a tristura
da luz do día

e o baleiro
sereno das estatutuas
que sobrevive á humidade do tempo

 
     
   [regresar ao índice do libro] | [deixar un comentario]  
  [regresar á páxina principal do sitio] | [regresar ao índice de publicacións] | [arriba]  
     
 
licenza creative commons

esta obra está publicada baixo unha licenza de creative commons.