páxina persoal de eduardo estévez
  principal
  datos persoais
  publicacións
  ligazóns
  contacto
  luagris.net
     
 
     
    poemario en construción
     
poema   miradas
versión   2
ligazóns asociadas na bitácora  
                                   
outras versións   1
 

dúas persoas sentadas
unha defronte á outra
algo distantes

tanto ten a circunstancia

un bar
un tren
unha oficina pública

s mira a b
con timidez logo volve baixar
a vista

b tamén mira a s

pero as súas olladas
fugaces nunca se cruzan

hai máis personaxes na escena

transcorren entre b e s
crúzanse decote no camiño
das súas olladas

s e mais b aproveitan
algúns deses
movementos circundantes
para volver mirarse

sempre fugazmente

sempre a destempo

ata que calquera
dos dous digamos b
marcha

paga o café
ou ben
chega á estación de destino

e mentres o tren volve partir
ou ben
ao pasar novamente
por diante dos cristais do café
dirixe unha última
vez
o seu ollar cara a s
e continúa a marcha

e a medida
que os corpos se afastan
a esperanza
de as súas olladas
cruzárense
esváese preguiceira

desaparece

 
     
   [regresar ao índice do libro] | [deixar un comentario]  
  [regresar á páxina principal do sitio] | [regresar ao índice de publicacións] | [arriba]  
     
 
licenza creative commons

esta obra está publicada baixo unha licenza de creative commons.