| |
|
|
| |
|
poemario
en construción |
| |
|
|
| poema |
|
miradas |
| versión |
|
1 |
| ligazóns
asociadas na bitácora |
|
|
| outras
versións |
|
2 |
|
|
miradas
vexo
unha
e outra vez a mesma imaxe
dúas
persoas sentadas
unha defronte á outra
algo distantes
tanto
ten a circunstancia
un
bar
un tren
unha oficina pública
s mira
a b
con timidez logo volve baixar
a vista
b tamén
mira a s
pero
as súas olladas
fugaces nunca se cruzan
hai
máis personaxes na escena
transcorren
entre b e s
crúzanse decote no camiño
das súas olladas
s
e mais b aproveitan eses movementos
circundantes para volver mirarse
sempre
discretos
sempre
fugaces
ata
que calquera
dos dous digamos b
marcha
paga
o café
ou ben
chega á estación de destino
e mentres
o tren volve
partir
ou ao pasar novamente
por diante dos cristais do café
dirixe unha última
vez
o seu ollar cara a s
e a
medida
que os corpos se afastan
a esperanza
de as súas olladas
cruzárense
esváese preguiceira
desaparece
|