| |
|
|
| |
|
poemario
en construción |
| |
|
|
| poema |
|
lectura |
| versión |
|
1 |
| ligazóns
asociadas na bitácora |
|
|
| outras
versións |
|
2 |
|
|
g lía
nunha novela
o protagonista
que era á vez o narrador
viña de dicir unha frase
da que se podía deducir que estaba
enamorado dunha moza
chega á súa casa e atopa
unha carta súa
ela marchara
a un sitio non especificado
o narrador manexa con precisión
os datos que amosa
e os que distrae
o protagonista vai ao seu cuarto
abre as fiestras e senta
na cama
a ler a carta
é unha carta longa e na novela
está transcrita íntegra
sen irrupcións do narrador
tanto ten
a efectos do poema
o contido da carta
cando remata
a carta o narrador di
"lin a carta dende o inicio unha segunda vez"
xa que logo g
volve atrás varias páxinas
e le novamente
a carta
antes diríxese á fiestra e ábrea
durante a primeira lectura detivérase
varias veces neste detalle
incómodo
le a carta con atención
tentando
inconscientemente
que as súas reflexións sobre o contido
da carta
se asemellen ás que podería ter
o protagonista
(nótese a vantaxe
aquí
de utilizar no poema un narrador omnisciente
unha escolla como a do autor
da novela
non permitiría utilizar a expresión
"inconscientemente"
que neste caso
contribúe á construción
do personaxe do poema)
g remata a segunda lectura da carta
chega novamente a
"lin a carta dende o inicio unha segunda vez"
e segue
"despois baixei, merquei un refresco de cola
na máquina expendedora, volvín ao meu cuarto e, mentres
o bebía, volvín lela"
g non tiña necesidade de baixar
para facerse cunha coca-cola
foi ata a neveira
colleu un bote abriuno volveu
sentar na cama e leu a carta
unha terceira vez
cando rematou
"lin a carta dende o inicio" etcétera
e chegou a "despois baixei" detívose
pechou o libro
durante uns segundos pensou
nas distintas formas de construción
dunha historia
|