| |
|
|
| |
|
poemario
en construción |
| |
|
|
| poema |
|
a
derradeira vez |
| versión |
|
1 |
| ligazóns
asociadas na bitácora |
|
|
| outras
versións |
|
|
|
|
nada
no seu rostro
nas circunstancias
facía pensar que aquela noite
sería a derradeira
foino
visitar
á súa casa coma sempre
cearon
xuntos falaron
dos seus pequenos
mundos cotiáns
a pizza
conxelada
sóubolles esa noite a amable
rutina
á lenta calma
das cousas que se saben
inmutábeis
cando
foi xa unha hora prudente
(os dous tiñan obrigas cedo
ao día seguinte)
ergueu da mesa colleu
o abrigo
(vai frío pola noite
en marzo)
acompañouno
abaixo
agardou
na porta ata que subiu
ao coche acendeuno
e marchou
aínda
demorouse
uns segundos cando xa
desaparecera ao torcer
na esquina
|