| en
construción
un poemario que deixa ver como vai nacendo
15
de xaneiro de 2006
á
vista do último material que fun escribindo estes meses,
teño elementos para pensar que podo estar no camiño
de construír un novo libro. e decido compartir esta experiencia
coa xente que pasa por aquí.
cómo
funcionará o proceso.
acabo
de incluír nesta páxina da lúa gris un índice
cos textos cos que conto ata o de agora para o libro. existen algunhas
versións anteriores destes textos, algunhas mesmo xa publicadas
ou no prelo dentro de edicións colectivas pero as que expoño
aquí como primeiras versións son as que actualmente
estou manexando.
as
correccións que vaia facendo sobre os textos non anularán
as versións anteriores senón que irei amosando todos
os pasos.
tamén
irán aparecendo textos novos e mesmo pode ocorrer que algúns
textos se retiren.
de
todo este proceso irei deixando constancia nunha bitácora
que poño a funcionar hoxe mesmo. todas as persoas que pasen
a visitar esta páxina ou a bitácora poden deixar alí
os seus comentarios.
a idea
é que mesmo poidan facer suxestións sobre os textos
e propoñer correccións que, evidentemente, eu podo
decidir ter en conta ou non.
non
podo saber neste momento se vou rematar de escribir o libro. en
todo caso, na bitácora irei deixando constancia de todo o
proceso e o tempo dirá.
ogallá
o pasedes ben compartindo esta aventura. |