páxina persoal de eduardo estévez
  principal
  datos persoais
  publicacións
  ligazóns
  contacto
  luagris.net
     
 
     
    poemario en construción
     
poema   a soidade procurada
versión   1
ligazóns asociadas na bitácora  
                                   
outras versións    
 

a soidade procurada

a soidade das montañas

a soidade do silencio nas montañas

o silencio na casa
nas catro paredes
baldeiras
da casa nas montañas

ecos

do silencio

a muller da escena ve xa
máis anos no espello dos que lle gustaría

ten a estraña beleza
da madurez e por momentos
xestos mozos pero no seu cabelo
loiro entretécense finas febras brancas
e liñas tenues delicadísimas nácenlle
dende os ollos na pel
no espello
a carón da fiestra
aberta pola que entra o frío
silencio
das montañas

ninguén sabe o seu paradoiro

despois de

moitos varios innumerábeis algúns
(cal será a palabra axeitada no poema?)

despois de
...
amores (amores será a palabra
no poema
na vida?)
homes mulleres amárona
amou ou desexou moitos varios innúmeros
homes
mulleres

corpos que pasaban pola súa habitación
polas sabas
(nas sabas quedaban durante días os restos daqueles corpos)

pero ela só era quen de velos pasar

non

non é amor a palabra no poema

ata que finalmente decidiu
que xa era tempo
e marchou

silencio soidade nas montañas
aire frío a través da fiestra

 
     
   [regresar ao índice do libro] | [deixar un comentario]  
  [regresar á páxina principal do sitio] | [regresar ao índice de publicacións] | [arriba]  
     
 
licenza creative commons

esta obra está publicada baixo unha licenza de creative commons.