O CADRO INSTITUCIONAL DO TRABALLO DO DEPUTADOUn deputado no PE As posibilidades de actuación dun membro do PE son diversas e, en todo o caso, potencialmente máis amplas que as normas nos Parlamentos do Estado español, tanto o central como os das Comunidades Autónomas, todos eles debedores dunha transición na que dominaba ainda o temor ás práticas parlamentarias proprias da democracia. Un deputado ou deputada no PE pode falar no plenarios en debates de política xeral, pode pedir a palabra e falar libremente se se dispón do tempo necesario nas Comisións ás que pertence e mesmo en Comisións diferentes, normalmente celebradas en Bruxelas, ten ocasión de facer perguntas orais ao Consello e á Comisión nos Plenarios de Estraburgo, pode facer perguntas por escrito a esas instuticións da Unión, participa na formación das propostas políticas do seu Grupo Parlamentar e pode falar en nome do mesmo nos Plenarios e nas Comisións, como portavoz e partillando o tempo con outros membros do Grupo e, desde logo, facendo emendas a todos os relatorios lexislativos ou políticos que se debatan no Parlamento. Pode tamén utilizar un turno de cuestións dun minuto, a que se dedican un tempo fixado no principio de cada sesión Plenaria. Os membros do Parlamento Europeu poden pertencer a Delegacións referentes ás relacións a outros Estados ou subcontinentes, que se reunen regularmente e manteñen encontros oficiais en Bruxelas ou nos paises correspondentes para trataren asuntos de interese común. Por outra parte poden promover de formaren parte de Intergrupos non lexislativos, formados por membros do Parlamento de diferentes Grupos Parlamentares, que se reunen e manteñen actividades a respeito de problemas de preocupación común, tanto específicos de Europa como de carácter político ou humanitario sectorial ou universal. Ben en relación con este traballo concreto ou motivados por problemas que aparecen no curso de lexislatura, os membros do Parlamento poden, individualmente ou en grupo, emprender accións políticas ou humanitariao desprazándose a outras partes do mundo. Naturalmente, todo ese traballo político e institucional procede do programa da súa organización e do carácter da sua nación e proxéctase nelas, sendo o produto dun traballo realizado igualmente na circunscripción a que procede o membro do PE. O traballo no Grupo Parlamentar Para alén do traballo como deputado e por própria e independente iniciativa, o traballo como membro dun Grupo ten no Parlamento Europeu un campo de acción potenciado de maneira salientábel no Regulamento e no mesmo calendário de actividades do Parlamento. Os Grupos Parlamentares contan con unha semana de cada mes para realizaren os seus debates e tomaren as suas decisións políticas e organizativas. É precisamente a semana anterior ao Plenário mensual de Estrasburgo que está dedicada ás reunións do Grupos. Con independecnia disto, durante a semana do Plenário de Estrasburgo, os Grupos manteñen reunións diárias referentes aos traballos e debates da sesión, asi como en Bruxelas antes dos miniplenários que se celebran nese sede do Parlamento. O tempo de palabra nos diferentes debates do Plenários é distribuido entre os Grupos en función da súa importancia numérica. Os Grupos poden e así o fan normalmente partillar o tempo que lles corresponde en cada asunto entre varios deputados, non sendo habitual en todo caso que no Plenario fale unicamente o portavoz do Grupo na cuestión tratada. Os Plenarios do Parlamento Os Plenarios do Parlamento, en número de 12 cada ano, celébranse, de acordo cos Tratados, na sede de Estrasburgo, de luns a xoves da semana correspondente. Na sede de Bruxelas, a principal do Parlamento, celébranse tamén na medida necesária miniplenários complementários, ocupando mércores á tarde e xoves á mañan da semana correspondente. Os deputados, amais de poder falar en nome do Grupo nos Plenários, poden apresentar perguntas orais á Comisión e ao Consello que son debatidas nas tardes dos martes e mércores de Estrasburgo. Naturalmente, en Estrasburgo o deputado pode intervir na defensa das emendas aos diferentes relátorios e textos lexislativos debatidos. As Comisións Parlamentares Tendo os deputados o direito a perteceren a dúas Comisións Parlamentares, nunha como titular e noutra como suplente con os mesmos en ambos os casos, non podendo cada suplente votar máis que por ausencia dun dos titulares do seu Grupo-, existindo a posibilidade e pertecer tamén a unha das tres Comisións que non conta na contabilización dese cupo. O deputado do BNG Camilo Nogueira Román participou como membro de pleno direito ou suplente en catro comisións parlamentares, en áreas temáticas de especial importancia para Galiza no que respeita aos sectores productivos e ao futuro político do país no proceso de construción europea:
A participación con grande liberdade e capacidade de intervención que facilita o PE a un deputado individual, posibilitou poder participar activamente noutras comisións parlamentares nas que non se disfrutou da titularidade ou suplencia. Dese xeito, o eurodeputado do BNG participou en múltiples debates, audiencias e votos de informes de importancia para Galiza. A participación en diversas comisións de xeito formal e espontáneo en moitas ocasións creou que o nome de Galiza e as cuestión que poideran ter relación con ela en calqueira tema, tiveran unha grande incidencia política que se conseguiu mediante a apresentación de emendas noutras comisións parlamentares ou mediante a participación en múltiples debates. Esta incidencia política reflectiuse en distintas comisións parlamentares en temas de grande interese como a cuestión lingüística (Comisión de Cultura), queixas de colectivos cidadáns (Comisión de Peticións), cuestións medio ambientais e de direitos dos consumidores (Comisión de medio ambiente, saúde pública e consumo), cuestións de política internacional e proteción dos direitos humanos (Comisión de Asuntos Exteriores, Direitos humanos e PESC), desenvolvimento e cooperación con terceiros países (Comisión de desenvolvimento e cooperación), políticas de igualdade de xénero (Comisión dos direitos das mulleres e igualdade de oportunidades), etc. As Delegacións Internacionais Ademais das actividades estrictamente lexislativas como a codecisión do Parlamento Europeu a través da adscripcións ás comisións parlamentares, normalmente no PE os deputados e deputadas poden ser membros de algunas das Delegacións de relacións con terceiros países. Camilo Nogueira foi membro de 1999 a 2003 da Delegación de relacións con América Latina e Mercosul e de 2003 a 2004 da Delegación de relacións con América do Norde. En misións específicas ou como membro desas delegacións estivo presente representando ao BNG, ao seu Grupo Parlamentar ou ao Parlamento Europeu en actos celebrados en paises de Europa, América e Asia. |
| ENLACE CO PE | ENLACE CON BNG |