O
GALEGO ENTRE AS LÍNGUAS EUROPEAS
O deputado do BNG Camilo Nogueira utilizou con normalidade
o galego-portugués como língua de traballo no Parlamento
Europeu. Materializou así, nunha institución tan determinante
a idea de o galego e o portugués seren a mesma língua, sen
que as diferenzas ortográficas das normas oficiais que as rexen
neste momento podan ocultar unha realidade evidente. O uso do galego-portugués
non se fixo como instrumento contra outra língua como o castelán,
que utilizou tamén con normalidade, amais de utilizar outras línguas
en reunións de traballo sen tradución, senón como
afirmación no nun ámbito europeu transcendental de a realidade
de o galego ser a língua propria de Galiza e ao mesmo tempo unha
língua universal. O uso de galego-portugués foi praticamente
total nas iniciativas apresentadas por escrito e maioritario nas intervencións
nos Plenarios do Parlamento. Nas intervencións orais procurou utilizar
as formas do galego que resultan comúns coas consideradas standard
no portugués, como o seseo ou determinados plurais tamén
utilizados no interior de Galiza. As intervencións orais foron
traducidas con normalidade polas interpretes das diferentes línguas
da Unión desde o finés ao grego. No Parlamento Europeu son
consideradas como a mesma língua, apesar das diferencias fonéticas,
línguas como a flamenga falada no Flandes de Bélxica e o
neerlandés de Holanda e os interpretes canalizan as traducións
desde as diferentes variantes das línguas, portugués de
Portugal ou de Brasil, castelán da Peninsula ou de Cuba, inglés
norteamericano ou de Inglaterra, etc
 |
Para facer isto, o deputado do BNG tivo naturalmente
que superar con prudencia os prexuizos existentes a respeito das línguas
non oficiais dos Estados e, en particular, o prexuizo español a
respeito do portugués como unha língua extranxeira, pretendendo
ignorar a identidade básica do galego e o portugués e polo
tanto a normalidade potencial do uso do galego en ámbitos institucionais
extrapeninsulares, da mesma forma que se usa o castelán. Tendo,
por exemplo, os cataláns e os vascos todo o direito a reclamaren
o uso oficial das suas línguas nas institucións comunitarias,
e apoyándose desde Galiza esta posición, a situación
é por todo isto diferente para Galiza: os galegos e as galegas
teñen a fortuna imensa de que a sua língua, nacida na Galiza
histórica e falada en catro continentes, desde Portugal e Brasil
a Angola, Mozambique, Cabo Verde, Santo Tomé e Principe e Timor
Leste, é xa oficial na Unión Europea e nas institucións
internacionais. Todo, amais, sen que o galego perda en absoluto a sua
total identidade lingüística e nacional como língua
de seu en Galiza.
|