AS INICIATIVAS INTERNACIONAIS

Para unha nación sen Estado como Galiza o Parlamento Europeu constitui un lugar privilexiado para levar a cabo un traballo de relación internacional tanto a prol do seu recoñecimento como nación, como en favor da paz e a solidariedade e contra a guerra, contra a marxinación dos pobos que se encontran na miseria, por un desenvolvimento equilibrado e sustentable negado pola globalización neoliberal, polas relacións culturais e a defensa da diversidade nacional.
De acordo cos principio do nacionalismo galego, o BNG participou desde o PE en múltiples actividades internacionais, intervindo en eventos e movimentos de carácter universal. Salientan os seguintes: